O ForoAcui, sobre recursos mariños e a acuicultura das rías galegas, alcanza a súa vixésima edición

Portada » O Parque Nacional » O ForoAcui, sobre recursos mariños e a acuicultura das rías galegas, alcanza a súa vixésima edición

Mai 30, 2017 | CIENCIA

O ForoAcui, sobre recursos mariños e a acuicultura das rías galegas, alcanza a súa vixésima edición

 

Santiago, mércores 24 de maio de 2017.

O Foro dos Recursos Mariños e da Acuicultura das Rías Galegas (ForoAcui) celebrará este ano a súa vixésima edición. Entre os días 10 e 11 de outubro na Illa da Toxa, congregará a colectivo investigador, empresarial e representantes da administración, así como a alumnado do ámbito pesqueiro e acuícola para analizar, debater e reflexionar sorbe os recursos mariños e a acuicultura. Como xa é habitual ForoAcui estruturarase en cinco mesas de traballo nas que, nesta edición, se tratarán cuestións relacionadas con marisqueo e pesca de baixura; Acuicultura; Benestar animal en acuicultura; e Produción e comercialización de produtos ecolóxicos da acuicultura I e II. Nesta ocasión, ademais prestarase especial atención á acuicultura ecolóxica.

A vicerreitora de Investigación e Innovación, Isabel Rodríguez-Moldes, e a subdirectora xeral de Acuicultura da Xunta de Galicia, Ángela Vázquez Suárez, xunto co director do Comité Organizador, Manuel Rey Méndez, presentaron este pasado mércores 24 en rolda de prensa os detalles do programa deste ano, así como o libro cos relatorios e traballos presentados á anterior edición do Foro. En opinión de Isabel Rodríguez-Moldes a implicación da USC no desenvolvemento do Foro é unha “proba do noso compromiso por facer transferencia de coñecemento á sociedade nun ámbito no que acumulamos altas capacidades”. A clave para que o Foro teñan alcanzado a súa vixésima edición relacionou co feito de que é unha actividade que “pon sobre a mesa os problemas dun sector de grande interese social para debatelos e propor solucións concretas”.

A organización prevé que, como sucedera en edicións anteriores, o Foro sexa capaz de atraer a máis de duascentas persoas entre representantes da administración e dos sectores produtivos implicados ademais de entre o persoal investigador, cunha especial importancia do ámbito latinoamericano e europeo. Manuel Rey Méndez presentou o programa en detalle aludindo ás cinco mesas de traballo previstas e ás conferencias convidadas ademais de agradecer o importante apoio da administración autonómica. En nome da Xunta de Galicia, Ángela Vázquez cualificou o ForoAcui como unha actividade fundamental para a economía da costa galega, chamando a atención sobre a relevancia e o valor engadido da acuicultura ecolóxica, da que dixo que se confirmou como un sector en auxe.

ForoAcui-min

Presentación XX ForoAcui

Nas dúas xornadas do Foro sucederanse as mesas de traballo, así como as conferencias maxistrais coas que os relatores tratarán  temas monográficos en maior profundidade co posterior debate. Tamén se presentarán distintos traballos en panel e se propiciará a participación de empresas relacionadas co sector para expoñer os seus produtos e actividades. Ademais da realización de visitas relacionadas co mundo mar e da Festa do Marisco, está prevista a celebración do XIX Ciclo de Conferencias Cultivando o Mar con tres conferenciantes sobre un tema de actualidade no momento da celebración do Foro.

Actualmente está aberto o prazo de presentación de paneis de traballos inéditos, máximo un por inscrición, en relación coas temáticas do Foro cun tamaño máximo de 1,5×1,2. Na presente edición, ademais da presentación habitual de traballos onde algún ou varios dos autores participen de forma presencial no foro, poderanse presentar traballos onde non será necesaria a presenza física dos autores durante a celebración do evento.

 

Fonte: Gabinete de Comunicación da USC

Imaxe destacada: 

Pesqueiro de baixura en augas das illas Cíes © Suso Framil

Cíes.gal
Author: Cíes.gal

Redacción Cíes.gal.

Otros artículos

É Galicia un país de quenllas?

É Galicia un país de quenllas?

Dende o ano 2013 seguiuse e analizado a inusual presenza de xuvenís de tintoreras ou quenlla azul (Prionace glauca) na costa galega durante o período estival, sendo o ano 2018 no que se rexistrou un maior número de citas chegando a 123 eventos correspondentes a máis...