O Museo Massó, a conquista do mar
O Museo Massó e un museo da Xunta de Galicia que ten a súa sede no edificio máis antigo de fábrica de conservas Massó Hermanos, no que se levantara con anterioridade a súa primeira fábrica de salgadura, e máis tarde se destinara ao Museo Marinero. Nel convive o patrimonio marítimo e industrial co espírito erudito do colecciónesmo doutra época.
A súa peculiaridade reside en que é froito das inquietudes culturais dos industriais Gaspar, José Mª e Antonio Massó. O seu interese pola historia da navegación lles leva a crear unha colección de libros imprimidos entre os séculos XV e XIX, instrumentos náuticos, cartografía, documentos e maquetas de embarcacións históricas que constitúen a alma desta colección. En 1932 deciden transformala en Museo e instalalo no antigo edificio da conserveira familiar. Co tempo, os testemuños das factorías conserveiras e baleeiras e a actividade pesqueira irán completando o perfil dun museo único e sorprendente que conserva o encanto da colección orixinaria.
A exposición permanente ofrece un percorrido pola conquista do mar e a explotación dos seus recursos. A sala dedicada á conquista do mar conserva a museografia orixinal dos anos 30 do século XX, constituíndo en se mesma unha peza de museo.
As salas dedicadas á explotación dos recursos do mar céntranse na actividade industrial dos Massó, a fábrica de conservas e a caza da balea, mostrando unha colección única en España. Finalmente, dentro desta mesma temática, pódese visitar a gran sala na que se expoñen as tres embarcacións tradicionais mais representativas da Ría de Pontevedra, destacando o gran pecio da última lancha xeiteira.
Vídeo reportaxe: © Basilio Cegarra
Imaxe destacada: © Xunta de Galicia