[vc_row el_class=”iconos-islas”][vc_column width=”1/4″][edgt_icon_with_text type=”icon-top” icon_pack=”font_awesome” fa_icon=”” icon_animation=”yes” title_tag=”h2″ title=”Cíes” text=”Composto polas Illas de Monteagudo, Faro e San Martiño e os illotes da Agoreira ou Boeiro, Penela dos Viños, Carabelos e Ruzo. Situado na bocana da ría de Vigo.” link=”/o-parque-nacional/cies” custom_icon=”20029″ title_color=”#96c2e8″][/vc_column][vc_column width=”1/4″][edgt_icon_with_text type=”icon-top” icon_pack=”font_awesome” fa_icon=”” icon_animation=”yes” title_tag=”h2″ title=”Ons” text=”Composto polas illas de Ons, Onza e o illote das Freitosas. Situado na bocana de entrada á ría de Pontevedra.” link=”/o-parque-nacional/ons” custom_icon=”20034″ title_color=”#4282b5″][/vc_column][vc_column width=”1/4″][edgt_icon_with_text type=”icon-top” icon_pack=”font_awesome” fa_icon=”” icon_animation=”yes” title_tag=”h2″ title=”Sálvora” text=”Composto pola Illa de Sálvora e un gran número de illotes como Vionta, Noro, Herbosa, Sagres, etc. Atópase situado na boca da Ría de Arousa.” link=”/o-parque-nacional/salvora” custom_icon=”20035″ title_color=”#d6ac5f”][/vc_column][vc_column width=”1/4″][edgt_icon_with_text type=”icon-top” icon_pack=”font_awesome” fa_icon=”” icon_animation=”yes” title_tag=”h2″ title=”Cortegada” text=”Composto pola Illa de Cortegada, Malveira Grande e Chica, Briñas e illote do Con. Situado no interior da ría de Arousa.” link=”/o-parque-nacional/cortegada” custom_icon=”20033″ title_color=”#7dab4d”][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column][vc_empty_space height=”50px”][vc_zigzag color=”custom” el_width=”30″ el_border_width=”10″ custom_color=”#a2c680″][vc_empty_space height=”50px”][/vc_column][/vc_row][vc_row el_class=”info-titulos” css=”.vc_custom_1529321094043{padding-bottom: 50px !important;}”][vc_column width=”1/2″][vc_column_text]
Nome
ILLAS ATLÁNTICAS DE GALICIA
Composición
Composto por catro arquipélagos: Cortegada, Sálvora, Ons e as Cíes.
Comunidade autónoma
GALICIA
Provincias
PONTEVEDRA e A CORUÑA
Municipios
Vigo, Bueu, Vilagarcía de Arousa e Ribeira
Superficie
8480 hectáreas totais
1194,8 ha terrestres e 7285,2 ha mariñas
Data de creación
1 de xullo de 2002, mediante a lei 15/2002[/vc_column_text][/vc_column][vc_column width=”1/2″][vc_column_text]
Outras figuras de protección
Zona OSPAR, de protección do medio mariño do Atlántico Nordeste.
As Cíes, Ons e Sálvora pertencen a tres Zonas de Especial Conservación (ZEC).
As Cíes e Ons constitúen dúas Zonas de Especial Protección para as Aves (ZEPA), e as zonas mariñas de Cíes, Ons e Sálvora están dentro da ZEPA entorno mariño das Rias Baixas.
O arquipélago de Salvora está declarado Ben de Interese Cultural (BIC), coa categoría de paisaxe protexida. Decreto 49/2018, do 26 de abril.[/vc_column_text][vc_empty_space height=”40px”][vc_tta_accordion style=”flat” color=”white” spacing=”5″ active_section=”0″ no_fill=”true” collapsible_all=”true”][vc_tta_section title=”Valores representados” tab_id=”1529321725328-e7e38cef-b3d3″][vc_column_text]Sistemas naturais ligados a zonas costeiras e plataforma continental da Rexión eurosiberiana.
A súa localización, fronte ás Rías Baixas, crea unha barreira natural ante o océano que acentúa o ambiente estuárico das rías. No medio terrestre destacan os sistemas dunares, os cantís e os matos de toxo e breixo. No medio mariño, con fondos rochosos, son importantes as comunidades de bosques de algas pardas (Sacorhiza polyschides e Laminaria spp.) que acollen unha gran variedade de peixes e crustáceos. As correntes mariñas depositan as areas nas zonas máis protexidas que, xunto cos importantes fondos de maërl (conformados por restos de algas calcarias), crean uns medios de substrato móbil ao cal se deben adaptar os seres vivos, como os bivalvos que se enterran para que as correntes non os leven. Os acantilados son o fogar das aves mariñas, destaca o corvo mariño cristado que ten nestas illas unha das mellores colonias de cría do sur de europa, e a pardela cincenta, unha recén chegada as illas. Outros animais terrestres das illas están distanciados dos seus conxéneres costeiros, de xeito que se van diferenciando. Son bos exemplos disto a existencia da subespecie de lagarto ocelado de Sálvora ou o viviparísmo das píntegas das illas.O Parque estivo habitado desde moi antigo e as illas pasaron por diferentes mans: a igrexa, a nobreza, o exército e distintos organismos administrativos que, xunto cos poboadores, deixaron a súa pegada: castros, mosteiros, muíños, hórreos, pazos, dornas, costumes e lendas. A ocupación das illas foi discontinua o longo do tempo debido as dificultades causados polo illamento do continente. Hoxe en dia soamente en Ons se mantén unha poboación reducida.[/vc_column_text][/vc_tta_section][vc_tta_section title=”Recomendacións para a visita” tab_id=”1529321725364-6833c932-3979″][vc_column_text]
- Lembre que nas illas non hai colectores de lixo. Debe retornar os seus residuos ao porto de orixe, senón dispon de bolsa pode solicitala na caseta de información.
- Teña en conta tamén que existen cotas de visitantes diarios, o que pode condicionar a visita se a realiza nos meses de verán.
- É moi recomendable achegarse os puntos de información das illas do Parque para informarse sobre as posibles actividades que se poden realizar e calquera outro aspecto relacionado coa visita.
- Leve calzado deportivo e roupa cómoda; tampouco esqueza o impermeable ou algo de abrigo. Lembre que terá que viaxar en barco.
- Leve auga e procure beber abundantemente durante a visita; unha prolongada exposición ao sol, ás temperaturas estivais e o vento poden producir problemas de deshidratación.
- Non esqueza elementos como gafas de sol, gorras e crema de protección solar.
- Circule só polos camiños autorizados, tendo en conta a cartelería da sinalización.
- É recomendable levar prismáticos, gafas de mergullo e un neopreno sinxelo se se vai a practicar “snorkel”.
- A fauna da costa está protexida. Non a colla nin a moleste.
- Gaviotas e peixes non precisan comida, non os alimente.
- Lévese só fotos ou vivencias. Deixe as cunchas, flores, area, etc, no seu lugar.
- Atenda e siga en todo momento as indicacións do persoal do Parque Nacional.
- Lembre que non sempre hai servizo sanitario nas illas e que o tempo de desplazamento a un centro sanitario pode ser importante.
- Para facer “snorkel” sen chumbos non é necesaria autorización pero é moi recomendable informarse previamente na caseta de información; tanto sobre as mellores zonas para o mergulllo coma da zonas perigosas ou non permitidas.
- Únicamente estan permitidas as bicicletas no arquipelago de Ons.
- Infórmese da normativa do Parque Nacional xa que é un espazo natural protexido.
[/vc_column_text][/vc_tta_section][vc_tta_section title=”Lembre o que non está permitido” tab_id=”1529322013616-1b9533d5-2f5c”][vc_column_text]
- Prender calquera tipo de lume, fogueira ou similar.
- Acampar fóra dos lugares destinados a ese fin.
- Botar ou depositar calquera tipo de lixo ou residuos sólidos ou líquidos.
- Acceder ás zonas sinalizadas como non accesibles ao público.
- Molestar, ferir, capturar ou matar animais silvestres.
- Realizar calquera actividade que destrúa, deteriore ou trastorne os elementos naturais singulares da zona.
- Arrincar, cortar ou danar a vexetación.
- Recoller, destruír ou alterar elementos de interese arqueolóxico, histórico ou xeolóxico, tanto terrestres como mariños (cómpre salientar que non está permitido recoller cunchas das praias nin dos fondos mariños).
- Practicar o submarinismo (con chumbos) sen autorización previa.
- Practicar a pesca submarina e a pesca deportiva.
- Permanecer ou transitar con ganapáns, armas, arpóns, fusís submarinos e outros utensilios similares.
- A navegacióon e fondeo nas augas do Parque sen o permiso correspondente
- Instalar pancartas ou anuncios publicitarios sen autorización.
- Utilizar megafonía, ruídos ou altofalantes que poidan alterar a tranquilidade natural do lugar.
- Desembarcar animais domésticos (agás cans de guía).
- Filmar ou fotografar con fins comerciais sen autorización previa.
- Desembarcar vehículos de motor (agás cadeiras de rodas).
- Introducir especies animais ou vexetais alóctonas.
- O voo de “drons”, papaventos ou calquera outro tipo de artefacto voador sen autorización expresa do Parque Nacional.
[/vc_column_text][/vc_tta_section][vc_tta_section title=”Lexislación” tab_id=”1529322348671-8586bdc1-d685″][vc_column_text]Lei 15/2002 pola que se declara o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia; Decreto 274/99 polo que se aproba o Plan de Ordenación dos Recursos Naturais das Illas Atlánticas de Galicia; Decreto 88/2002 polo que se aproba o Plan de Ordenación dos Recursos Naturais do Espazo Natural da Illa de Cortegada e a súa contorna; Ley 42/2007, del Patrimonio Natural y la Biodiversidad,; Lei 9/2001 de conservación da natureza de Galicia e a Ley 30/2014 de Parques Nacionales.
[/vc_column_text][/vc_tta_section][/vc_tta_accordion][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=”1/2″][edgt_banner hover_behavior=”edgt-visible-on-default” info_position=”default” subtitle_tag=”” title_tag=”” image=”20046″ subtitle=”Coñece o” title=”Centro de Visitantes” link=”/o-parque-nacional/centro-de-visitantes/” overlay_color=”rgba(21,52,77,0.57)”][/vc_column][vc_column width=”1/2″][edgt_banner hover_behavior=”edgt-visible-on-default” info_position=”default” subtitle_tag=”” title_tag=”” image=”20045″ subtitle=”Coñece a” title=”Biblioteca” link=”/o-parque-nacional/biblioteca” overlay_color=”rgba(21,52,77,0.57)”][/vc_column][/vc_row]