Sobre Cies.gal

[vc_row][vc_column width=”1/2″][vc_column_text]CIES.GAL é un portal Web que busca vertebrar, cohesionar e promocionar a oferta de produtos e servizos que viran ao redor do Parque Nacional das Illas Atlánticas e a súa contorna, promovendo a conservación do seu patrimonio a través da difusión de contidos especializados e de calidade.

CIES.GAL pretende alcanzar dous grandes obxectivos, por unha banda difundir todos os valores e recursos patrimoniais deste espazo protexido ao usuario e por outro servir de escaparate e punto de venda para todas aquelas empresas e profesionais que dalgunha maneira realizan algún tipo de actividade económica ao redor do parque. 

Queremos facer partícipe desta iniciativa a todos aqueles actores que realizan algún tipo de actividade ao redor desta contorna, ofrecendo unha atractiva canle de comunicación, difusión de contidos e comercialización electrónica dos seus produtos e servizos.

 

[/vc_column_text][/vc_column][vc_column width=”1/2″][vc_column_text]En conxunto o portal presenta tres grandes características:

  • Social e participativo: Cidadáns, asociacións, grupos de investigación, profesionais e empresas, atoparán en CIES.GAL un espazo social participativo onde compartir e dar visibilidade ás súas historias, experiencias, coñecementos, produtos e servizos.
  • Divulgación para a conservación: Achegamento ao patrimonio do parque nacional e a súa contorna como base dunha cultura de conservación deste enclave, proporcionando información adecuada aos visitantes acerca das calidades especiais da zona e ampliando os coñecementos sobre o espazo protexido.
  • Dinamización Económica: Aumento do tempo de estancia do visitante e dos beneficios derivados do turismo en favor da economía local. Promoción dos produtos de artesanía e turísticos específicos que permitan descubrir e comprender a zona e comercializalos electronicamente.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row el_class=”info-titulos” css=”.vc_custom_1529321094043{padding-bottom: 50px !important;}”][vc_column width=”1/2″][vc_video link=”https://www.youtube.com/watch?v=Zh1eTX95be4″ align=”center”][/vc_column][vc_column width=”1/2″][vc_video link=”https://www.youtube.com/watch?v=zcOUeP0-5_Q” align=”center”][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column][/vc_column][/vc_row]