A EE Forestal acolleu este sábado a I Xornada Galega de Patrimonio Natural e Biodiversidade
Once exemplos de conservación ambiental debatéronse no campus de Pontevadra
Organizada pola Sociedade Galega de Historia Natural, coa colaboración desta escola
Duvi | Pontevedra
“Presentar e visibilizar diversas iniciativas de conservación e ou problemáticas ambientais”, vinculadas tanto a Galicia como a outras parte do mundo, constituía, segundo sinala a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), o obxectivo central da I Xornada Galega de Patrimonio Natural de Biodiversidade, que esta sociedade promoveu o pasado sábado, coa colaboración da Escola de Enxeñaría Forestal, neste centro do campus. Un total de once conferencias integraban o programa dunha xornada de debate que foi inaugurada polo director da escola, Juan Picos, e o delegado da SGHN en Pontevedra, Xosé Lois Rey, e que abriu un relatorio sobre os lumes forestais na comunidade galega do presidente da SGHN, Serafín González. O profesor do Departamento de Bioloxía Vexetal e Ciencias do Solo da Universidade de Vigo Luis Navarro, o científico da Misión Biolóxica de Galicia e participante na XXX Campaña Antártica Española Luis Sampedro e a investigadora do Instituto Español de Oceanografía Olga Carretero formaron parte da relación de conferenciantes dunhas xornadas nas que abordaron cuestións como a problemática dos microplásticos nos océanos, a importancia dos polinizadores, a restauración ambiental das Gándaras de Budiño ou a restauración dos ecosistemas litorais de Vigo.
Imaxe destacada: © Gainzafer