“Os gardiáns da Ría: Torreiros”

Portada » O Parque Nacional » “Os gardiáns da Ría: Torreiros”

Set 6, 2017 | HISTORIA, VIDEOBLOG

“Os gardiáns da Ría: Torreiros”

Un documental de Xandro Barberena que trata sobre a vida e evolución dun encargado de Faros principalmente na Ría de Vigo, así como o futuro que lle depara aos Faros

Curtametraxe Documental do fotógrafo Xandro Barberena, coa aparición de Jose Antonio Mera, torreiro xubilado e actor principal da curtametraxe.

Este documental recoñece e valora a vida máis intima dunha profesión, a do torreiro, que remata xa, que se extingue sen remedio. Non así, os faros, que seguirán ocupando o seu espazo e cumprindo a súa función.

A curtametraxe realizada por Alexandro Barberena, é unha homenaxe aos torreiros, que deixaron o seu sinal nas illas, nas rías de Galicia e no mundo enteiro.

O documental cóntanos como o actor coñeceu o mundo dos Faros, a súa formación e forma de vida ao longo dos anos nos que traballou con eles, así como todos os problemas que se foi atopando coa privatización dos mesmos, así como unha mirada melancólica ao futuro que lle depara a estas belas construcións

O autor agradece a inestimable colaboración de Luís Martinez, encargado de axudas á navegación da Autoridade Portuaria de VigoXulio Vilches, fareiro na Illa de SálvoraManuel Expósito, fareiro de Cabo Silleiro, a Pepin Fernandez e aos gardas forestais do Parque Nacional Illas Atlanticas de Galicia, a Fernando Rey pola súa colaboración no proxecto na illa de Sálvora e, por suposto, a José Antonio Mera, actor principal deste documental.

As gravacións realizáronse, na súa maior parte, na Ría de Vigo, destacando os faros de cabo Silleiro, monte Faro e punta Canabal en Cíes, punta Subrido, punta Robaleira, cabo Home, cabo Estai, e noutros lugares como a illa de Ons e a illa de Sálvora.

 

Imaxe destacada: © Paco Álvarez

Cíes.gal
Author: Cíes.gal

Redacción Cíes.gal.

Otros artículos

Area de Nosa Señora, Cíes. Anos 20

Area de Nosa Señora, Cíes. Anos 20

Excursionistas, bañistas e gamelas na praia de Nosa Señora ou do Chuco. Este areal está situado fronte ao illote dos Viños na illa do Medio ou Montefaro do arquipélago das illas Cíes. Premer sobre a imaxe para a poder ampliar: [gallery columns="1" size="full"...

O embarcadoiro de Cortegada en 1906

O embarcadoiro de Cortegada en 1906

O embarcadoiro de Cortegada en 1906 Vella tarxeta postal centenaria que nos mostra o embarcadoiro e parte da aldea da illa de Cortegada, fronte a Carril, no ano 1906, pouco antes da doazón á monarquía e abandono por parte dos seus habitantes. Ao fondo, sobre Carril, o...