Xan 11, 2017 | BIBLIOGRAFÍA, VIDEOBLOG

Os peixes e outra fauna mariña

Este título forma parte do proxecto didáctico destinado á educación infantil editado pola Mesa pola Normalización Lingüística

Os peixes e outra fauna mariña, con 30 ilustracións de Tokio, é para aprender, identificar e provocar interese polo mundo dos peixes, crustáceos, moluscos e outra fauna mariña nas nenas e nenos.

Este libro ten como obxectivos incrementar o uso do galego na educación infantil, proporcionar materiais en galego para nenas/os de 0 a 6 anos, potenciar o uso de vocabulario en galego e aprender o nome de peixes comúns.

Nesta ligazón podedes ver máis:

https://issuu.com/amesapolanormalizacionlinguistica/docs/peixes_issuu

Este libro compleméntase cunha canción de Magín Blanco, “Peixiños do mar”.

Ilustracións de Tokio

Idade recomendada de 3 a 6 anos

Cíes.gal
Author: Cíes.gal

Redacción Cíes.gal.

Otros artículos