Lavadoiro de Entenza II. Os seus lugares. “Ons: unha illa habitada”. Capítulo 4 (XXIV)

Portada » O Parque Nacional » Lavadoiro de Entenza II. Os seus lugares. “Ons: unha illa habitada”. Capítulo 4 (XXIV)

Xul 31, 2017 | BIBLIOGRAFÍA, HISTORIA

Ons: unha illa habitada · Paula Ballesteros-Arias e Cristina Sánchez-Carretero

CAPÍTULO 4 (XXIV)

Os seus lugares

Lavadoiro de Entenza II

Este lavadoiro sitúase na parte baixa de Entenza, próximo á mina de auga e as casas de Curro.
É de grandes dimensións, construído nos anos 60, cando a illa estaba xa en mans do Estado e dependendo do Instituto Nacional de Colonización.

Construíuse ao tempo co novo centro cívico co fin de centralizar os edificios públicos e comunais. O deseño desta construción semella ao resto das construcións feitas naquela época, tanto na estrutura da arquitectura como nos materiais empregados, nos que se alternan as superficies de pedra á vista coas encaladas.

Este lavadoiro é de planta rectangular con tellado a un auga e con aberturas a modo de fiestras na parede orientada ao sueste. A porta de acceso está na parede penal oeste. No interior ten un lavadoiro central, de planta rectangular, dividido por tres comportas e rodeado nos catro lados pola pedra de lavar, todo feito en cemento. No ano 2009 leváronse a cabo tarefas de restauración do edificio.

entenza 2

Situación do lavadoiro no fondo da valgada da Entenza, nunha zona rodeada de antigas terrazas de cultivo.

 

Imaxe: © CSIC

Se dispón de conexión a internet, recomendámoslle que consulte o vídeo “Ons: mar, terra e identidade” a través desta ligazón

Título: Ons: unha illa habitada

Autor: Ballesteros-Arias, Paula ; Sánchez-Carretero, Cristina

Dispoñibilidade: Descarga gratuita en Apple

Ler tamén: Ons: unha illa habitada

Cíes.gal
Author: Cíes.gal

Redacción Cíes.gal.

Otros artículos

Area de Nosa Señora, Cíes. Anos 20

Area de Nosa Señora, Cíes. Anos 20

Excursionistas, bañistas e gamelas na praia de Nosa Señora ou do Chuco. Este areal está situado fronte ao illote dos Viños na illa do Medio ou Montefaro do arquipélago das illas Cíes. Premer sobre a imaxe para a poder ampliar: [gallery columns="1" size="full"...