Outra vez como cada ano xa están aquí!

Portada » O Parque Nacional » Outra vez como cada ano xa están aquí!

Xuñ 28, 2018 | FOTOBLOG, NATUREZA

Referímonos aos polos de gaivota patiamarela (Larus michahellis) que xa van nacendo nas colonias dos arquipélagos oceánicos do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e tamén na súa contorna

Agora estes pitos terán que ser capaces de se converter en exemplares inmaduros e logo xuvenís, que ademais terán que ser quen de se emancipar nun tempo récord de entre mes e medio a dous meses, dependendo do momento en que eclosionaron os 2/3 ovos da posta que das diferentes parellas de gaivota patiamarela (Larus michahellis). Así, cara finais de xullo algúns inmaduros xa estarán emancipados, aprendendo axiña a desenvolverse para obrevivir, poder chegar a adultas e reproducirse nu prazo de entre 3 e 5 anos, cando van pasando das tonalidades grisáceas e pardas, co peteiro e patas rosáceas apagadas para ir mudando aos poucos e transicionando cara a plumaxe dos exemplares adultos reproductores. O camiño non é doado. Nós visitamos a súa casa, somos convidados de luxo nestes lugares excepcionais que son as illas do Parque Nacional, polo que compre respectalas, sobre todo neste período de reproducción e cría no que se mostran máis defensivas e oportunistas. É agora cando os proxenitores precisan de doses extras de enerxía.

Aínda que gozan dunha inxustificada mala fama, nós evidentemente apreciámolas e así o queremos transmitir a través desta magnífica instantánea obra de Fernando Rey DaluzE para saber moito máis, convidámosvos a que consultedes as ligazóns que aportamos nesta entrada. Compre ser empáticos con esta excepcional ave mariña de carácter xeneralista e oportunista.

Ademais, en contra do que podamos pensar, as súas poboacións están en franca regresión, pasando nas últimas décadas das 20.000 parellas reprodutoras ás apenas 12.000 parellas da actualidade, producido en parte ao síndrome de parálise progresiva que veñen sufrindo nos últimos anos.

Premer sobre a imaxe para a poder ampliar:

PARA SABER MÁIS:

A gaivota patiamarela. Introdución

Gaivotas (III). A gaivota patiamarela por Mar de Aves

Seguimento poboacións de aves mariñas no Parque Nacional Illas Atlánticas de Galicia: resultados 2017

Cópula de parella de gaivota patiamarela

Estratexias de gaivotas expostas a perigos durante a incubación

Casos de depredación de lagarto arnal por gaivota patiamarela no Parque Nacional das Illas Atlánticas (EN)

A xerarquía de nacemento, e non os efectos do ovo, determinan o comportamento dos polos de gaivota

Grazas por respectar os nosos niños, aínda estamos chocando os ovos

A gaivota patiamarela xa deu comezo á primavera no Parque Nacional

Os excrementos de aves mariñas redistribúen grandes cantidades de nitróxeno e fósforo

 

 

Cíes.gal
Author: Cíes.gal

Redacción Cíes.gal.

Otros artículos

Area de Nosa Señora, Cíes. Anos 20

Area de Nosa Señora, Cíes. Anos 20

Excursionistas, bañistas e gamelas na praia de Nosa Señora ou do Chuco. Este areal está situado fronte ao illote dos Viños na illa do Medio ou Montefaro do arquipélago das illas Cíes. Premer sobre a imaxe para a poder ampliar: [gallery columns="1" size="full"...

O embarcadoiro de Cortegada en 1906

O embarcadoiro de Cortegada en 1906

O embarcadoiro de Cortegada en 1906 Vella tarxeta postal centenaria que nos mostra o embarcadoiro e parte da aldea da illa de Cortegada, fronte a Carril, no ano 1906, pouco antes da doazón á monarquía e abandono por parte dos seus habitantes. Ao fondo, sobre Carril, o...