Ano 1931. Valentín Paz Andrade nun xuízo polo roubo dun porco en Cíes (I)

Portada » O Parque Nacional » Ano 1931. Valentín Paz Andrade nun xuízo polo roubo dun porco en Cíes (I)

Nov 11, 2015 | HISTORIA

Tres veciños de Bouzas enfrontábanse a unha pena de catro meses e un día de arresto maior por roubar un porco en Cíes, sacrificalo e compartilo.

A acusación levaríaa a cabo o letrado Valentín Paz Andrade, o polifacético intelectual galeguista, xurista, escritor, xornalista e gran coñecedor e innovador nos asuntos da industria pesqueira.

En 2012 dedicaríaselle o Día das Letras Galegas.

O porco, que foi sacrificado, estaba valorado en 300 pesetas que o tres acusados deberían abonar.

Recompilamos e divulgamos poñendo en valor calquera fonte documental, aínda que esta semelle modesta. Así, este suceso móstranos como nas illas Cíes pescaban xentes de Bouzas, que alí había veciños, que tiñan gando porcino e que sucedían acontecementos tales como o que deriva nun xuízo por roubo onde estaba presente a figura de Valentín Paz Andrade.

Tamén observamos o íntimamamente vencelladas que estiveron e están as illas Cíes á historia de Vigo e a súa Comarca, destacando tamén fortes vínculos con Baiona ou a península do Morrazo.

Contaremos en adiante con máis referencias ao respecto deste curioso suceso que nos aportarán máis datos.

02/02/1933

Audiencia

Vista de causas

“Comparecieron hoy ante el Tribunal, Luciano Veiga Márquez, Jesús Román Vega y Casiano Román Veiga que en 30 de Diciembre de 1931, encontrándose pescando cerca de las Islas Cíes y viendo en uno de los montes de éstas un cerdo, acercaron la embarcación a tierra y se apropiaron del animal que después de muerto repartieron los tres procesados.

El Sr. Fiscal y la acusación privada a cargo del letrado Sr. Paz Andrade y procurador Sr. Pérez Prego, interesan se condene a cada uno de los encartados a la pena de cuatro meses y un día de arresto mayor e indemnización de 300 pesetas al perjudicado, valor del cerdo.

Defiende pidiendo la absolución el abogado Sr. Cid y el procurador Sr. Arruñada.”

Continuará…

El país: diario republicano de la tarde

Imaxe:

Conversas no Ronsel de Valentín Paz-Andrade por Xoán Carballa

.

Cíes.gal
Author: Cíes.gal

Redacción Cíes.gal.

Otros artículos

Area de Nosa Señora, Cíes. Anos 20

Area de Nosa Señora, Cíes. Anos 20

Excursionistas, bañistas e gamelas na praia de Nosa Señora ou do Chuco. Este areal está situado fronte ao illote dos Viños na illa do Medio ou Montefaro do arquipélago das illas Cíes. Premer sobre a imaxe para a poder ampliar: [gallery columns="1" size="full"...

O embarcadoiro de Cortegada en 1906

O embarcadoiro de Cortegada en 1906

O embarcadoiro de Cortegada en 1906 Vella tarxeta postal centenaria que nos mostra o embarcadoiro e parte da aldea da illa de Cortegada, fronte a Carril, no ano 1906, pouco antes da doazón á monarquía e abandono por parte dos seus habitantes. Ao fondo, sobre Carril, o...