Píntegas e pintafontes do Parque Nacional das Illas Atlánticas e Rías Baixas de Galicia (EN)
Presentamos un traballo sobre a orixe das poboacións de píntegas (Salamandra salamandra) e pintafontes (Lissotriton boscai) nos arquipélagos do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e das poboacións continentais da súa contorna. Neste estudo non se inclúe Cortegada onde recentemente se ten documentada a presenza da píntega.
Ambas especies quedaron illadas en cada un dos diferentes arquipélagos que conforman o Parque coa subida do nivel do mar, aínda que puideron haber casos de colonizacións históricas na poboación de pintafontes de Sálvora.
En todo caso, nete traballo reflíctese que as poboacións teñen evolucionado de maneira independente diferenciándose das súas veciñas continentais. O caso das píntegas é obviamente máis interesante xa que mostran claramente unha diferenciación no modo reproductivo, e o seu tamaño é menor o das poboacións continentais.
Role of colonization history and species-specific traits on contemporary genetic variation of two salamander species in a Holocene island-mainland system. Acceder ao traballo en PDF clicando AQUÍ
Autores: André Lourenço | Fernando Sequeira| David Buckley| Guillermo Velo-Antón
Imaxe destacada: Píntega en Ons (Salamandra salamandra) © Suso Framil