Presentación do libro ”Naufragios y crónica marítima de Galicia hasta 1899”

Portada » O Parque Nacional » Presentación do libro ”Naufragios y crónica marítima de Galicia hasta 1899”

Set 21, 2016 | ACTUALIDADE

Presentación do libro ”Naufragios y crónica marítima de Galicia hasta 1899”

Trala historia do Priam, Fernando Patricio Cortizo volve falar do que máis lle presta: o mar. E fai un repaso tremendamente traballado dos ”Naufragios y crónica marítima de Galicia hasta 1899”.

Trátase dun rigoroso, pero ameno traballo, que servirá de enciclopedia marítima para estudiosos de toda Galicia. Un libro que require estudo, esforzo e coñecemento, ademais de arte para recuperar historias como as da familia Dosil, esa familia liracha na que houbo varios buzos que se adicaban a despedazar barcos afundidos, como o mesmo Great Liverpool en Gures. De feito, o capítulo “Desguazadores de pecios”, é un dos preferidos do autor.

As grandes historias hai que engadir a calidade do libro, as ilustracións, os datos… un tesouro.

O sábado 24 de setembro de 2016 en Malpica de Bergantiños.

Fonte:

Que pasa na costa

Imaxe destacada:

Que pasa na costa

Cíes.gal
Author: Cíes.gal

Redacción Cíes.gal.

Otros artículos