Álbum histórico das illas Cíes

Portada » Tenda » Álbum histórico das illas Cíes

Álbum histórico das illas Cíes

29.95 IVA incl.

Álbum histórico das illas Cíes, un paseo visual, coidadosamente documentado, polo devir dos tempos nesta xeografía privilexiada. Un percorrido de imaxes que comeza na Prehistoria, continúa pola época romana, medieval e moderna, até desembocar no ano 2002, cando as Cíes se integran no  Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia.

Categorías: , , Etiqueta:

Descripción

Álbum histórico das illas Cíes, un paseo visual, coidadosamente documentado, polo devir dos tempos nesta xeografía privilexiada. Un percorrido de imaxes que comeza na Prehistoria até desembocar no ano 2002, cando as Cíes se integran no  Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia. O texto e a valiosa documentación histórica que acompaña permítennos contextualizar o que hoxe sabemos dos asentamentos humanos aquí establecidos. 

Unha obra do historiador Santiago Boado Aguinaga, realizada tras máis dunha década de traballo de investigación. Unha coidada selección de mapas, debuxos e fotografías, algunhas delas inéditas, nun apaixonado exercicio de catalogación, conservación e posta en valor do seu patrimonio cultural 

Álbum histórico das illas Cíes explora temas tan diversos como naufraxios, corsarismo, industria da salgadura, o turismo e os seus pioneiros, personaxes literarios que as visitaron e ordes monásticas que aquí moraron. Un lugar extraordinario, cunha historia singular que paga a pena descubrir e divulgar.  

Información adicional

Peso 1.5 kg
Dimensións 23 × 4 × 28 cm