Rafael Areses e a forestación das illas Cíes (II)

Portada » O Parque Nacional » Rafael Areses e a forestación das illas Cíes (II)

Feb 26, 2016 | HISTORIA, NATUREZA

Rafael Areses (1878-1953) foi un destacado membro do Corpo de Enxeñeiros de Montes. Como membro do Distrito Forestal de Pontevedra-Coruña promoveu a forestación do monte Aloia, creando en 1906 o Viveiro Forestal de Areas. En 1909 comeza as primeiras plantacións oficiais en Oia, Tui (monte Aloia), A Guarda (monte Santa Tegra), Baiona ou Ponteareas, que contaron cunha importante oposición veciñal pola diminución das zonas dedicadas ao pasto (o mesmo que pasou cos veciños das Cíes). As subministracións dende este viveiro forestal impulsaron a extensión dos piñeiros e eucaliptos en Galicia.

Promoveu repoboacións en base ás especies de crecemento rápido e quendas de corta curtos, especialmente cos diversos tipos de piñeiros e eucaliptos. Porén, a súa concepción dun monte coma un espazo de desfrute público vencellado a un aproveitamento forestal e o desenvolvemento económico conseguinte, é unha idea moi próxima aos actuais conceptos de sostibilidade, claro que cunha distancia dun século polo medio.

El Pueblo Gallego, en 1926, facíase eco da “importancia” de plantar árbores nas illas Cíes, algo que se viña sucedendo dende primeiros de século a través de diferentes mocións no concello de Vigo. Él comezaría estes estudos pero serían outros enxeñeiros forestais quenes completasen a súa “obra” nas Cíes. Ao fin se trataba de “cubrir aquellos estériles peñascos por los magníficos bosques que los cubrieron hasta el siglo XVI”. Un dato cando menos chamativo e non exento de debate.

26/11/1926

“Debe llevarse ahora a cabo la inicitaiva fecunda de D. Guillermo De Oya.

Hay que realizar el proyecto de don Rafael de Areses para la repoblación forestal de las islas Cíes.

La Diputación de Pontevedra y el Ayuntamiento de Vigo deben ser los portavoces ante el Estado de esta necesidad y de esta ansia, viniendo a continuar la vida de Galicia al devolver a aquellos estériles peñascos los magníficos bosques que los cubrieron hasta el siglo XVI y recogiendo el público el aplauso por esta nueva intervención en pro de os intereses de los gallegos”.

Continuará…

Ler I parte

El Pueblo Gallego: diario de la mañana, al servicio de los intereses de Galicia.

rafael areses-min (1)

 

Imaxes:

Imaxe destacada:

Culturagalega.gal

Vida Gallega: ilustración regional. Foto de G. Gutierrez

Santiago Boado Aguinaga
Author: Santiago Boado Aguinaga

Santi Boado é licenciado en Historia pola Universidade de Santiago. Investigador, divulgador e redactor. Naturalista vocacional, ten formación en comercialización e información turística, interpretación do patrimonio e educación ambiental. Exerce de guía-intérprete en espazos con valor patrimonial. Tamén é guía acreditado do Parque Nacional marítimo terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e membro da Asociación de Guías Acreditados das Illas Atlánticas de Galicia-Agaia, do clube de montaña Pena Trevinca-Montañeiros de Galicia e da Seo-Birdlife.

Otros artículos

Area de Nosa Señora, Cíes. Anos 20

Area de Nosa Señora, Cíes. Anos 20

Excursionistas, bañistas e gamelas na praia de Nosa Señora ou do Chuco. Este areal está situado fronte ao illote dos Viños na illa do Medio ou Montefaro do arquipélago das illas Cíes. Premer sobre a imaxe para a poder ampliar: [gallery columns="1" size="full"...