Recuperando a memoria. Fotogalería dunha nova oportunidade para a aldea de Sálvora (III)

Portada » O Parque Nacional » Recuperando a memoria. Fotogalería dunha nova oportunidade para a aldea de Sálvora (III)

Out 2, 2018 | FOTOBLOG, HISTORIA

Recuperando a memoria. Fotogalería dunha nova oportunidade para a aldea de Sálvora (III)

Nos últimos anos e dende que o arquipélago de Sálvora pertence ao Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, a aldea abandonada da illla de Sálvora ven sendo obxecto de diversas actuacións de mellora, posta en valor e seguridade para permitir o seu uso público e desfrute por parte dos visitantes.

Levaronse a cabo así nos últimos anos, diversos traballos de limpeza, acondicionamento, consolidación ou mesmo nalgúns casos rehabilitacións, para poder deste xeito preservar unha parte destacada do patrimonio cultural material da illa de Sálvora. Distinguindo á vez, a memoria dos seus habitantes.

A aldea de Sálvora ten unha distribución moi especial e funcional na súa estrutura e ocupación. Está situada na cara leste, mirando o interior da ría de Arousa, agochada e protexida do vento e da salinidade do mar entre rochas, penedos e cons, nunha orde disposta, xuntas as casas e agrupadas en torno a un patio central en medio do asentamento.

Conta tamén cun conxunto de hórreos por enriba, a eira de mallar, un lavadoiro á entrada da aldea, unha fonte polo camiño, a de Santa Catalina, e tamén cos restos dunha telleira. Marcos e lindes, moitas veces pedras fincadas, delimitan o que antes eran campos de cultivo e terras de labor, unha paisaxe agraria. As cortesalpendres acompañan o conxunto da aldea. Tamén as pías ou as moas de muíño son quen de achergarnos a un pasado non tan lonxano.

O conxunto de hórreos (mixtos, con celeiro e tornarratos), tras a súa rehabilitación, levan os nomes das heroínas de Sálvora e mesmo a dun tripulante do buque “Santa Isabel“, naufragado fronte o faro en 1921. Unha sorte de homenaxe a quenes auxiliaron ás vítimas deste fatídico episodio que marcaría para sempre a historia contemporánea de Sálvora.

Noutra punta da illa, ao oeste, onde o faro, vivían os torreiros coa súa familia. Aínda que todavía permanece habitado, a xubilación do derradeiro fareiro de Sálvora fai inevitable a extinción da súa figura.

Atopámonos nunha aldea xunto ao mar, cun camiño directo que comunica co areal dos Bois, onde xa non se atopan as dornas varadas dos seus habitantes. Imaxinamos aquí unha vida dedicada ao cultivo, o gando e á pesca nunha illa co mar por medio. Unha comunidade cunha cultura de seu, singular, na que compre seguir afondando.

Aportando desta maneira unha terceira fotogalería centrada na aldea de Sálvora, achegámonos a unha pequena mostra de valores patrimoniais engadidos que levan á iniciativa de lograr o recoñecemento de Ben de Interese Cultural (BIC) para Sálvora.

A entrega desta serie de tres galerías de imaxes tratan de plasmar o que foi unha aldea chea de vida. O que hoxe vemos, son os restos arqueolóxicos contemporáneos do poboamento desta illa. Era unha comunidade un tanto pechada, onde as parroquias de Aguiño e Carreira en Ribeira, xa en terra, eran o primeiro referente continental.

Estas tres fotogalerías forman parte dunha serie de documentación gráfica que pretende transmitir estes valores a través dunha visión do estado actual da aldea de Sálvora. Foi abandonada en torno a 1970 e hoxe atópase en recuperación, sen habitantes pero con visitantes.

*Ver Fotogalería III despois das ligazóns adicionais:

Pódenche interesar tamén os seguintes artigos relacionados co “mundo” de Sálvora:

Recuperando a memoria. Fotogalería dunha nova oportunidade para a aldea de Sálvora (I)

Recuperando a memoria. Fotogalería dunha nova oportunidade para a aldea de Sálvora (II)

O arquipélago de Sálvora. Presentación

O Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Presentación

Breve aproximación á historia de Sálvora (I)

Cornide de Saavedra e as illas Casitérides (I)

O naufraxio do Santa Isabel en Sálvora (I)

Taberna e almacén de Sálvora en 1921

O buque Santa Isabel antes do seu naufraxio

Faros do Parque Nacional: o faro de Sálvora

Na illa de Sálvora aínda existe un faro habitado

Os “monstros” de Sálvora

Reconversións de Sálvora

Un estudo da UDC localiza ricas pradarías de seba nos fondos mariños de Cortegada e Sálvora

A illa de Sálvora, Ben de Interese Cultural (BIC)

Apertura de inscricións proba de natación Tripla Coroa Illas Atlánticas Sálvora-Vilagarcía de Arousa (28 km)

Triple Coroa Illas Atlánticas (Sálvora-Vilagarcía de Arousa)

Manexo de matogueira con Cabalo de pura raza galega na Illa de Sálvora

A herba de namorar tapiza e colorea a illa de Sálvora

Serenidade e luar en Sálvora

Gozando da liberdade en Sálvora

Os últimos de Sálvora

Queres ir coñecendo os segredos que agochan os bolos de Sálvora?

Algúns dos grandes descoñecidos de Sálvora, illotes de Noro, Curviña e Herbosa

Illote do con de Noro en Sálvora

Trailer da curtametraxe “Torreiros, os gardiáns da Ría”

Flora e vexetación de Sálvora

Estratexias de gaivotas expostas a perigos durante a incubación

Casos de depredación de lagarto arnau por gaivota patiamarela no Parque Nacional das Illas Atlánticas (EN)

Ver fotogalería premendo sobre as imaxes para as poder ampliar:

Imaxes: © Arquivo da Luz Atlántica

Santiago Boado Aguinaga
Author: Santiago Boado Aguinaga

Santi Boado é licenciado en Historia pola Universidade de Santiago. Investigador, divulgador e redactor. Naturalista vocacional, ten formación en comercialización e información turística, interpretación do patrimonio e educación ambiental. Exerce de guía-intérprete en espazos con valor patrimonial. Tamén é guía acreditado do Parque Nacional marítimo terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e membro da Asociación de Guías Acreditados das Illas Atlánticas de Galicia-Agaia, do clube de montaña Pena Trevinca-Montañeiros de Galicia e da Seo-Birdlife.

Otros artículos

Area de Nosa Señora, Cíes. Anos 20

Area de Nosa Señora, Cíes. Anos 20

Excursionistas, bañistas e gamelas na praia de Nosa Señora ou do Chuco. Este areal está situado fronte ao illote dos Viños na illa do Medio ou Montefaro do arquipélago das illas Cíes. Premer sobre a imaxe para a poder ampliar: [gallery columns="1" size="full"...

O embarcadoiro de Cortegada en 1906

O embarcadoiro de Cortegada en 1906

O embarcadoiro de Cortegada en 1906 Vella tarxeta postal centenaria que nos mostra o embarcadoiro e parte da aldea da illa de Cortegada, fronte a Carril, no ano 1906, pouco antes da doazón á monarquía e abandono por parte dos seus habitantes. Ao fondo, sobre Carril, o...