CORTICATA é unha empresa de ecoturismo que che ofrece a posibilidade de coñecer e descubrir o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas e a súa contorna, centrándose sobre todo na Ría de Arousa, onde se atopa a Illa de Cortegada e a Illa de Sálvora.

O noso principal obxectivo é educar para asegurar a conservación da contorna e dos seus valores naturais, para o que CORTICATA deseñou diferentes programas que posibilitan ao visitante o uso e goce do parque nacional e da súa zona de influencia.

As nosas Rutas e actividades de ecoturismo están indicadas para todos os públicos, xa sexa individual, grupos ou empresas. Tamén desenvolvemos programas de tipo educativo e formativo destinados a escolares e excursións de fin de curso.
O equipo de CORTICATA está formado por profesionais da zona, seleccionados pola súa formación, dedicación e a súa gran experiencia.

Corticata