Mar de Aguiño é unha empresa de Turismo Náutico especializada en travesías e rutas polas Rías Galegas, contamos con máis de 25 anos de experiencia. A nosa base está situada en Aguiño que pertence ao Concello de Ribeira na provincia da Coruña. Os nosos patróns dispoñen da titulación, experiencia e coñecemento necesario para realizar as actividades que lle ofrecemos.
Ofrecemos servizos de calidade adaptados ás necesidades de cada cliente.
Dispomos de varias embarcacións totalmente equipadas para ofrecerlle o que vostede está a buscar. Pode crear o seu propio itinerario, nós asesorarémoslle no que necesite.