Merak Náutica foi creada en abril do 2003; desde entón foron moitos os pasos que fumos dando. Iniciamos a nosa singradura cun vello pero precioso barco de madeira construído en Vigo que por aquel entón tiña 30 anos, o seu nome era “Meu Lar”. Hoxe en día dispomos de oito embarcacións de primeiras marcas en propiedade, equipadas co último en electrónica de navegación de recreo, o cal é unha clara mostra de emprendemento, apoiada por un equipo de verdadeiros mariños profesionais con titulación acreditada.