Seguemento das poboacións de aves mariñas no Parque Nacional Marítimo e Terrestre das illas Atlánticas de Galicia. Resultados de 2018.
Munilla, I. 2018. Seguimento das poboacións de aves mariñas no Parque Nacional Marítimo e Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia: resultados de 2018. Parque Nacional Marítimo e Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Decembro 2018.
RESUMO
Cormorán (P. aristotelis)
A poboación reprodutora de corvo mariño no Parque Nacional en 2018 estimouse en 894 parellas repartidas en oito colonias principais. Dous terzos da poboación do Parque localízanse no arquipélago de Ons, o 25% no arquipélago de Cíes e o 7% restante en Sagres. A colonia máis numerosa é Ons Norte con 465 parellas, a metade das estimadas para o conxunto do Parque.
O número de parellas censadas representa unha lixeira baixa (-5,3%) con respecto dos datos de 2017.
Estímaa do éxito reprodutor no Parque Nacional en 2018 foi de (media ± desviación típica): 0,73 ± 0,87 polos por niño ( N = 73 niños), con diferenzas pouco marcadas entre os tres arquipélagos: Cíes = 0,60 ± 0,94 polos por niño; Ons = 0,77 ± 0,86; Sagres = 0,78 ± 0,85.
A análise de 183 egagrópilas recollidas durante o período reprodutor nas illas Cíes ( N= 57), Ons ( N= 76) e Sagres de Fora ( N= 50) indican que en 2018 os corvos mariños do Parque Nacional consumiron maioritariamente catro grupos de peixes, por esta orde: lábridos ( Labridae), ( Atherina presbyter), fanecas ( Trisopterus) e lorchos ( Gobiidae).
A presa principal dos corvos mariños nos tres arquipélagos do parque son os lábridos. A frecuencia de lanzones ( Ammodytidae) na mostra de de Cíes foi moi baixa, o que suxire que as poboacións deste peixe preto das illas aínda non se recuperaron.
Este ano equipáronse dous corvos mariños con equipos de seguimento remoto GPS/ GSM, un na colonia de Ons e outro na de Sagres. Dous terzos das 4374 localizacións obtidas entre xuño e decembro producíronse fora das augas do Parque.
O corvo mariño de Sagres moveuse por unha área de 14,6 km2 entre A Graña, Aguiño e o norte da illa de Sálvora, coa maior parte das localizacións entre Sagres e Aguiño. O corvo mariño de Ons desprazouse por unha área de 88,7 km2 que vai da illa de Arousa á de Onza, coa maior parte das observacións entre o norte da illa de Ons e A Lanzada.
Gaivota patiamarela (L. michahellis)
O seguimento interanual do número de territorios aparentemente ocupados nos sectores de censo repartidos polas colonias do Parque indica unha diminución da poboación reprodutora de gaivota patiamarela do 7% en relación ás cifras de 2017. A poboación reprodutora ha diminuído en todos os sectores excepto en Sálvora, illa na que a poboación se incrementou nun 30%.
O declive anual media para o conxunto de sectores ao longo do período de seguimento (2011-2018) é considerable (-8,7%). Todos os sectores, excepto o das dunas de Cíes, levan perdido entre o 44% e o 64% da poboación que se lles estimou no 2011.
Comparouse de novo o éxito reprodutor entre dúas parcelas representativas dos principais hábitats de cría en Cíes, o cantil de toxo (Cuadra do porco, 45 territorios) e as dunas ( Muxieiro, 39 territorios). O éxito reprodutor conxunto foi baixo (media ± desviación típica = 0,69 ± 0,87 polos a voar por territorio), algo superior na duna (0,74 ± 0,93) que no cantil (0,64 ± 0,82).
En 2018 o incidente da síndrome de parálise foi elevada, se cadra o episodio máis agudo desde 2011. Os datos recolleitos apuntan cara a un brote agudo da enfermidade nas colonias de Sálvora no mes de xuño.
A análise da mostra de egagrópilas ( N= 117) indica que as patiamarillas adultas basearon a súa dieta en invertebrados mariños (frecuencia de aparición= 59,8%). Os tipos de alimento máis representados foron os invertebrados do intermareal (33,3%) e o patexo ( Polybius henslowii) (26,5%). O lixo urbano estivo presente no 22,2% da mostra, e o alimento de hábitats terrestres no 12,0%. Os peixes apenas estiveron representados (5,1%). As principais diferenzas espaciais entre arquipélagos veñen dadas polas variacións na frecuencia de aparición de patexo, mexillón e lixo.
Gaivota escura (L. fuscus)
En 2018 a poboación reprodutora de Larus fuscus no Parque foi estimada en 24 parellas, dúas por cima das estimadas en 2017.
Entre 2011 e 2018 a perda de poboación foi do 45,5%, equivalente ao -8,3% anual.
En Sálvora atopouse o cadáver dun adulto reprodutor con sinais de morrer despois de sufrir parálises. Esta é a primeira evidencia de que esta doenza afecta á poboación de Larus fuscus do Parque
Gaivón (L. marinus)
A estíma da poboación reprodutora de gavión no ano 2018 é de dúas parellas unha na illa Vionta e outra en Sálvora.
Pardela cenicienta (C. diomedea)
En la colonia de Tropezas, el principal núcleo reproductor de la especie en el Parque Nacional, se ocuparon 25 sitios y la población reproductora fue estimada en 18 parejas. Estos valores son semejantes a los registrados el año anterior.
En la última visita a la colonia, el 23 de octubre, se detectaron 6 sitios ocupados por por los a punto de volar.
Relacionado
Seguimento das poboacións de aves mariñas no Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia: resultados de 2017
En ” Calonectris diomedea”
Seguimento das poboacións reprodutoras de corvo mariño ( Phalacrocorax aristotelis) e gaivota patiamarilla ( Larus michahellis) do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia: resultados de 2011. En “Informe”
Seguimento das poboacións de aves mariñas no Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia: resultados de 2015 e 2016
En ” Calonectris diomedea”
Imaxe destacada: pardela cenicienta ( Calonectris diomedea ) por © Xabier Vázquez Pumariño
Fonte: Mar de Aves