Tapa sepulcral. Os seus lugares. “Ons: unha illa habitada”. Capítulo 4 (VII)

Portada » O Parque Nacional » Tapa sepulcral. Os seus lugares. “Ons: unha illa habitada”. Capítulo 4 (VII)

Abr 25, 2017 | BIBLIOGRAFÍA, HISTORIA

Ons: unha illa habitada · Paula Ballesteros-Arias e Cristina Sánchez-Carretero

CAPÍTULO 4 (VII)

Os seus lugares

Tapa sepulcral

Tapa sepulcral que podería pertencer ao sepulcro antropomorfo da Laxe do Crego. A tapa está feita en granito, de forma rectangular coas esquinas redondeadas pola erosión. No seu reverso ten un rebaixe en todo o seu perímetro, realizado co fin de ser encaixada sobre a sepultura. Neste lado tamén se distinguen varias incisións lineais realizadas con punteiro metálico, que poden ser as pegadas resultantes de ter esculpido esta zona da tapa con menos coidado, ao tratarse do reverso do elemento. Polas formas que se aprecian do anverso, aínda que moi erosionadas debido á acción marítima, poderíase dicir que se trata dunha lauda sepulcral en estola labrada en tres vertentes sen resaltar as arestas, sen outro tipo de representacións ou relevos. Á tapa fáltalle parte dun extremo.

Polo tipo de lauda podería dicirse que se encadra dentro da etapa medieval pero pola falta de datos non se pode afinar con maior exactitude a súa etapa cronolóxica e cultural. Porén, polas dimensións que ten, pódese establecer unha vinculación directa co sepulcro antropomorfo de A Laxe do Crego, xa que encaixa perfectamente nel.
Segundo referencias orais, esta tapa sepulcral foi atopada, hai anos, en Area dos Cans. Foi trasladada a unha vivenda co fin de utilizala como pedra para a lareira dunha casa aínda que nunca chegou a utilizarse para tal fin. No 2012, foi trasladada ao Centro de Visitantes da Illa de Ons onde actualmente está exposta.

Imaxe destacada:

Tapa do sepulcro. Anverso © CSIC

Se dispón de conexión a internet, recomendámoslle que consulte o vídeo “Ons: mar, terra e identidade” a través deste enlace

Título: Ons: unha illa habitada

Autor: Ballesteros-Arias, Paula ; Sánchez-Carretero, Cristina

Dispoñibilidade: Descarga gratuita en Apple

Ler tamén: Ons: unha illa habitada

Cíes.gal
Author: Cíes.gal

Redacción Cíes.gal.

Otros artículos

Area de Nosa Señora, Cíes. Anos 20

Area de Nosa Señora, Cíes. Anos 20

Excursionistas, bañistas e gamelas na praia de Nosa Señora ou do Chuco. Este areal está situado fronte ao illote dos Viños na illa do Medio ou Montefaro do arquipélago das illas Cíes. Premer sobre a imaxe para a poder ampliar: [gallery columns="1" size="full"...