Turismo Científico nos Parques de Galicia por Divulgare

Portada » O Parque Nacional » Turismo Científico nos Parques de Galicia por Divulgare

Feb 22, 2018 | TURISMO, VIDEOBLOG

Turismo Científico nos Parques de Galicia por Divulgare

Explora coa ciencia o patrimonio natural de Galicia!

O turismo científico é un modelo de turismo guiado por persoal altamente cualificado. Co turismo científico o visitante pode ter a tranquilidade (e a vantaxe) de que o que lle expliquen está sustentado por unha metodoloxía ou protocolo científico no que calquera información, antes de ver a luz foi contrastada. Os científicos, expoñen hipóteses, póñenas a proba e se os experimentos que fan, confirman a hipótese inicial, divulgana.

Co turismo científico preténse achegar os avances científicos e tecnolóxicos á sociedade. Ademais, queremos amosar ao visitante que na ciencia se pode atopar explicación obxectiva e rigorosa para case todo o que vemos e mesmo o que non somos capaces de percibir nunha primeira ollada.

Este audiovisual foi publicado por Divulgare na súa canle de Vimeo o 26 de maio de 2017 para Galicia, Natural e única.

FonteDivulgare

Enlaces de interese:

Parques Naturais de Galicia

Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia

Galicia, Natural e única

Cíes.gal
Author: Cíes.gal

Redacción Cíes.gal.

Otros artículos

Nova saída peláxica no “Chasula”

Nova saída peláxica no “Chasula”

Debido ao mal estado no mar que nas últimas xornadas témonos atopado e debido a que moita xente quedou en terra, prográmase unha saída extraordinaria o sábado 24 de outubro para a observación de aves e cetáceos. Sábado día 24 de outubro das 08:00 ás 17:00 dende...