Como chegar ás Illas Cíes
O primeiro paso que debemos dar á hora de planificar a nosa visita é solicitar a autorización obrigatoria de desembarco para realizar a visita. Podes acceder ao portal de reservas dende aquí.
Lembre que pode facer a reserva ata con 45 días de antelación e que non sempre está autorizado o transporte regular ás illas.
É posible visitar a illa nos meses no estivais contratando unha visita guiada en grupo a través dalgunha das navieiras que lles ofrecen, como no caso de Cruceiros Mar de Ons, Piratas de Nabia o Cruceiros Rías Baixas.
Se viaxas nun barco privado, é necesario obter dous permisos. O primeiro deles é o permiso de navegación que permite ás embarcacións entrar nas augas do arquipélago. Unha vez obtida a autorización, é preciso levar impreso o permiso de fondeo, que se pode solicitar vía telemática e permite aos barcos botar áncora na illa e desembarcar aos seus ocupantes. O fondeo está limitado diariamente a unhas 100 embarcacións distribuídos en diferentes áreas das illas.
Como chegar a Ons
Se che planteas visitar a illa de Ons, é un requisito solicitar a autorización obrigatoria do desembarco ao igual que acorre con Cíes. Podes acceder ao portal de reservas dende aqui.
Durante os meses de tempada alta (dende mediados de maio ata setembro) as diferentes navieiras que operan a ruta e cuxo listado pode consultar nesta ligazón. Comezan as súas rutas dende os portos de Bueu, Sanxenxo, Portonovo e Vigo.
Se dispoñes dun barco privado ou se o barco no que viaxas non pertenece a unha das empresas autorizadas, é necesario obter dous permisos. O primeiro é o permiso de navegación que permite as embarcacións navegar cerca das islas . Unha vez obtida a autorización, é necesario levar impreso o permiso de fondeo, que podese solicitar vía telematica e que permite a os barcos ancoran na illa e des.
Como chegar á illa de Sálvora
Non existe un transporte regular diario á illa, ao tratarse de illas significativamente máis pequenas que as súas irmás maiores, Cíes e Ons teñen un desembarco limitado a 125 persoas ao día.
A mellor forma de chegar á illa é en barco privado, iso si, dispoñendo sempre do permiso oficial que se obtén na súa páxina web. Non obstante, existen algunhas empresas privadas que organizan viaxes á illa en tempada alta, tales como Mar de Aguiño, Cruceiros do Ulla, Cruceiros Rías Baixas ou Piratas de Nabia.
Como chegar a illa de Cortegada
Ao igual que en Sálvora, non existe un transporte regular diario a esta illa. Ademais, o desembarco está limitado a 125 visitantes ao día e os grupos sempre deben ir acompañados por guías autorizados
Hai varias formas de chegar á illa, pero a mellor, é através dunha visita guiada en barco privado, sempre e cando se dispoña do permiso oficial. Á illa tamén se pode chegar en kaiak, libremente ou se a marea é baixa, incluso se pode chegar a pé. A illa de Cortegada está a poucos metros da costa, polo que se a marea baixa o suficiente, pódese camiñar polo “Camiño do Carro”.
Existen varias empresas privadas que organizan viaxes á illa en temporada alta, como Corticata, Alvamar, Piragüilla, Amare Turismo Náutico, Mar de Aguiño o Sailway.