Dónde dormir

Onde durmir en Cíes

Se hai algo mellor que as Cíes durante o día, son as Cíes pola noite. No verán, co ceo despexado e un enorme campo de estrelas no firmamento fai que cada noite alí sexa unha experiencia única.

A illa conta con todos os servizos básicos (asistencia sanitaria, auga potable, aseos públicos e áreas de descanso). Para durmir, a única opción dispoñible é o seu camping onde poderás levar a túa propia tenda ou arrendar algunha das que teñen dispoñibles (que inclúe unha ou dúas camas). A maiores, o cámping dispón de cafetería, supermercado e salón social para que ningún campista teña escusa para non sentirse como na casa.

Camping Illas Cíes
Camping Illa de Ons

Onde durmir en Ons

A illa de Ons ofrece unha alternativa a calquera escapada na que busquemos illarnos do ruido e do alboroto  da humanidad. Unha illa antano habitada por mais de 500 habitantes, que conta a día de hoxe cun número menor de illenses foráneos  (que maioritariamente dirixen os establecementos hoteleiros da illa) ofrécelle un ambiente único con moitas alternativas para o descanso.

A principal entidade hoteleira da illa é o seu cámping, renovado en 2015 e galardoado coa distinción europea de sustentabilidade, dado que extrae a súa electricidade dos paneis solares, respectando o entorno no que se atopa.

O cámping dispoñe dun completo repertorio de servizos, dende servizos de saúde e accesibilidade para discapacitados, ata lavandería, zonas de lecer, restaurantes, etc.

Pero se hai algo que arrasa nas tempadas altas, é a súa oferta “glamping”, unha nova modalidade de camping no que podes aloxarte en modernas tendas de lona de maior tamaño que as tendas tradicionais e cun encanto especial.

A maiores e para todos aqueles que queiran todas as comodidades, existe arrendamentos de habitacións a modo de hostal.

*As casas da illa en aluguer non están regularizadas, polo tanto non as nomeamos. O sitio web de ViveOns está inhabilitada, eliminase e non se fai referencia á súa existencia.

Onde durmir en Sálvora

Lamentablemente e dado o seu reducido tamaño e o seu carácter de reservas naturales , non é posible pasar a noite nesta illa. Non obstante, podemos recomendar lugares turísticos moi próximos onde poderás pasar a noite tras a súa visita ás illas.

Moi preto de Sálvora, tes á túa disposición toda a península do Grove, unha zona moi turística e con moito ambiente en épocas estivales. Nas zonas próximas á praia da Lanzada e en San Vicente do Mar, podes atopar hoteis, cámpings e aloxamentos vacacionais.

Se o teu destino é Cortegada, aconsellámosche que te aloxes en Vilagarcía de Arousa e arredores. Onde ademais de atopar conexións coa illa, dispoñerás de todos os servizos dunha cidade a o teu alcance.

Sálvora
dormir cortegada

Onde durmir en Cortegada

Lamentablemente e dado o seu reducido tamaño e o seu carácter de reservas naturales , non é posible pasar a noite nesta illa. Non obstante, podemos recomendar lugares turísticos moi próximos onde poderás pasar a noite tras a súa visita ás illas.

Se o teu destino é Cortegada, aconsellámosche que te aloxes en Vilagarcía de Arousa e arredores. Onde ademais de atopar conexións coa illa, dispondrás de todos os servizos dunha cidade a o teu alcance.

encontrar conexiones con la isla, dispondrás de todos los servicios de una ciudad a tu alcance.