Fábrica de secado e salgadura de peixe ou pazo residencial
Hoxe en día, só se poden observar as ruínas da que no seu día foi unha das primeiras Fábricas de Secado e Salgado de Peixes de Galicia.
Más información
É unha cala de area branca e fina orientada á ría de Pontevedra e Aldán. Poderás chegar á praia seguindo o camiño paralelo á costa que sae dende O Curro por un camiño que baixa dende o sendeiro principal.
Localización: zona meridional de Ons, preto do campamento xuvenil e baixo o barrio co que comparte o seu nome
Dimensións: 250 m x 15 m
Ocupación tempada de verán: baixa
Ruta da aldea
Este paseo lévanos ata as ruínas do antigo asentamento da illa. Esta aldea estaba composta por 8 casas arredor dunha praza e dúas fontes.
Más información
Orientada á Ría de Pontevedra e rodeado dun entorno virxe que xunto coa súa area branca e a súa auga transparente convértenan nun atractivo nos meses de verán. Esta praia é de tradición nudista e encontrase lonxe do nucleo principal da illa.
Localización: zona norte da illa de Ons
Dimensións: 300 m x 25 m
Ocupación tempada de verán: alta
Ruta do faro
Esta ruta tén unha duración de 1,2 km ata chegar ao faro da illa, construido no 1921.
Capella Santa Catalina
O edificio desta capela foi orixinalmente unha taberna, ata que en 1960 transformouse en capela.
A serea
“Mariña”, a Serea de Sálvora, é un dos elementos mais representativos da illa.
Más información
Joaquín Otero Goyanes, o marqués de Revilla, a mandou construír nos anos 60 en homenaxe a unha lenda sobre a orixe desta familia. Esta conta que un cabaleiro, tras naufragar na illa, atopouse cunha serea. Ambos os dous namoráronse e tiveron un fillo chamado Mariño, de aí o nome da escultura.
Praias
A pesar de que a maioría do perímetro sexa rochoso, a illa tamén conta con varias praias nas que gozar.
Más información
Estas son a praia do Castelo ou do Almacén, a praia de Os Lagos, a praia de Zafra e a praia Area dos Bois. A única que se pode visitar é “O almacén”, estando o resto en zona de reserva.
Actividades organizadas
RUTA XACOBEA EN SÁLVORA
Tamén se pode gozar da ruta marítima do Camiño de Santiago. Esta percorre a ría de Arousa e o río Ulla, recreando a chegada por mar dos restos do Apóstolo Santiago a Galicia.
Que facer se chove
RUTA CIRCULAR E TALASOTERAPIA NA ILLA DA TOXA
Apenas 400 metros separan O Grove da Toxa e aquí podemos atopar un dos pequenos paraísos termais das Rías Baixas. Aquí podes gozar do seu balneario e tratamentos de talasoterapia.
CATA DE VIÑOS POR CAMBADOS
A Cidade Europea do Viño 2017 conta con diferentes visitas ás bodegas máis importantes da zona. Así poderás gozar de degustacións dos mellores viños, como o Martín Códax, Paco & Lola ou Condes de Albarei, entre outros.
VISITA AO MUSEO DE PONTEVEDRA
Esta visita é perfecta para facer nun día de choiva. Poderás ver como a choiva molla as rúas da cidade a través do seu cristal. Ao longo dos seus cinco plantas poderás atopar exposicións moi interesantes como a do tesouro máis antigo atopado en Galicia, a de Caldas, unha colección de Sargadelos e diferentes obras de Castelao.
MONTE DA CUROTA
Cando te cansas de ver chover na casa ou no hotel, sempre podedes subir en coche ao miradoiro de Curota, na Pobra do Caramiñal, e no camiño ver multitude de animais como cabalos, vacas e becerros, pastando libremente polo entorno.
Plans para facer con nenos
VISITAR A ALDEA DOS GROBITS
Este pequeno parque infantil situado no Grove está inspirado no Señor dos Aneis. Podedes atopar casas semienterradas que recrean as da película.
MARISQUEAR COMA PROFESIONAIS
Algunhas asociacións de mariscadoras ofrecen a oportunidade de gozar dunha xornada de de una jornada de marisqueo. Os mais pequenos poderán descubrir cómo se realiza esta actividade á vez que van acompañados dunha mariscadora profesional que os guía.
VISITAR O ACUARIO DO GROVE
Esta é unha das visitas obrigadas que hai que facer se vas con nenos. Aquí podereis atopar máis de 100 especies diferentes distribuídas en 24 acuarios. É tamén unha visita divertida e didáctica na que os máis pequenos poderán descubrir como son os ecosistemas mariños das Rías Baixas.
VISITA AO ILLOTE DE AREOSO EN KAYAK
Empresas como Piragüilla ofrecen a posibilidade de visitar este peculiar illote situado na Illa de Arosa.
CAMPO DE PAINTBALL PARQUE ADRENALICIA
Situado en San Vicente do Mar (O Grove), esta é unha opción diferente para pasar unha tarde divertida. Con vistas á praia da Lanzada e rodeado de instalacións hoteleiras, aquí podereis organizar unha xornada de paintball con todo tipo de opcións. Pero ollo, só poden ir nenos a partir de 8 anos.
CENTRO ECUESTRE GALIOCIO
Se buscas actividades ao aire libre, rodeado de animais e natureza, este centro hípico situado no Grove é unha excelente opción. Hai actividades para todas as idades e niveis, así como diferentes rutas a cabalo, campamentos e celebracións.
Te recomendamos…
-
Chimpate, Pepa! o corvo mariño das illas Cíes
13.00€ IVA incl. -
Benxamín, o cachalote da illa de Ons, que quería ser golfiño
15.00€ IVA incl. -
Volcán el caballo salvaje de la isla de Sálvora
13.50€ IVA incl. -
Cuaderno de Campo de las Islas Cíes
19.50€ IVA incl. -
Mapa Cíes
16.50€ IVA incl. -
Cies Gaviota
16.50€ IVA incl. -
Faro de Cavo de Vicos, Illas Cies
16.50€ IVA incl. -
Puente de Rande II Serie de Vigo
16.50€ IVA incl. -
Mapa Ons
16.50€ IVA incl. -
Faro Ons
16.50€ IVA incl. -
Faro Sálvora
16.50€ IVA incl. -
Es máis bonita ca flor do toxo
22.50€ IVA incl.