Na illa de San Martiño ou Sur das Cíes aínda existen os restos dun muíño hidráulico. Xa ben de mediados do século XIX, relacionado co lazareto, o posto avanzado de Sanidade e mais os practicos, ou de finais dese século e principios do seguinte. Entón era cando funcionaba a factoría de salgado de peixe. Tamén sería usado polos escasos veciños que estaban asentados na illa de San Martiño nese periodo de entre 1850-1930. Aínda que non se despoboaría nesa década, os veciños da illa Sur sempre foron poucos na época contemporánea en comparación coa illa do Medio e do Norte, xa de por sí, sempre escasamente poboadas.
Documento gráfico dos primeiros anos 80
Imaxe:
Ramón Patiño