Xosé Guillermo, exposición antolóxica 2008

Portada » O Parque Nacional » Xosé Guillermo, exposición antolóxica 2008

Xul 19, 2016 | HISTORIA

Xosé Guillermo, entrañable amigo, artista difícil de clasificar, empezou a súa andaina profesional en 1967, aos vinte anos. Experimentou múltiples linguaxes, técnicas e soportes completando unha obra moi prolífica a medio camiño entre o informalismo distópico e as representacións exuberantes da natureza e o ser humano en clave de ensoño mitolóxico. Pintor de cores vivas, de raíz fauvista, expresión da forte compoñente sentimental, foi especialmente sensible aos mundos mariños que o arrouparon dende neno.

Fillo da ditadura, amou a liberdade e o desexo de expandir horizontes, o que o levaría a numerosas viaxes por México, Nicaragua, Guatemala, Brasil, a India, Mali, Mauritania, o Sahara… sempre na procura da poboación indíxena, viaxes que legaron creacións en moitos casos próximas á arte deses pobos, cos que conviviu e se solidarizou, sempre na boa compaña da inseparable Maruchi Blanco.

Pero se unha obra súa é especialmente trascendente esta é a creación da Fundición Nautilusobradoiro artesanal no que, en diferentes momentos, traballaron centenares de persoas da cidade -unha auténtica democratización da arte- e do que saíron instalacións urbanas como Azul mariño ou Vigo Preamar, cuxa reportaxe foi publicada anteriormente neste portal.

En setembro de 2008 a Casa das Artes de Vigo acolleu a exposición antolóxica do artista, recreada no vídeo que hoxe presentamos, onde Xosé Guillermo vai explicando os cadros nas súas circunstancias vitais e sociolóxicas. Falecería un ano despois, acabándose unha vida chea de luminosidade, e quedando sen realizar, de momento, unha segunda exposición que estaba prevista, dedicada en exclusiva a debuxos e obra gráfica.

Basilio Cegarra
Author: Basilio Cegarra

Basilio Cegarra é profesor de Historia da arte. Dende 1992 publicou diversos libros sobre arte de Galicia e historia local de Vigo, sendo a última obra a Guía visual do barrio histórico de Vigo (Editorial Galaxia,2015). Tamén publicou materiais de carácter didáctico no marco da súa profesión docente. Como fotógrafo participou en varias exposicións individuais e colectivas, sendo igualmente autor de numerosos vídeos e documentais. Na actualidade é colaborador habitual de Cies.gal aportando galerías de imaxes e vídeos do noso contorno natural e da cultura urbana viguesa.

Otros artículos

Area de Nosa Señora, Cíes. Anos 20

Area de Nosa Señora, Cíes. Anos 20

Excursionistas, bañistas e gamelas na praia de Nosa Señora ou do Chuco. Este areal está situado fronte ao illote dos Viños na illa do Medio ou Montefaro do arquipélago das illas Cíes. Premer sobre a imaxe para a poder ampliar: [gallery columns="1" size="full"...

O embarcadoiro de Cortegada en 1906

O embarcadoiro de Cortegada en 1906

O embarcadoiro de Cortegada en 1906 Vella tarxeta postal centenaria que nos mostra o embarcadoiro e parte da aldea da illa de Cortegada, fronte a Carril, no ano 1906, pouco antes da doazón á monarquía e abandono por parte dos seus habitantes. Ao fondo, sobre Carril, o...