Ilustrando a ciencia. Curso de ilustración científica

  /  ACTUALIDADE   /  Ilustrando a ciencia. Curso de ilustración científica

Ilustrando a ciencia. Curso de ilustración científica

Ilustrando a ciencia é un curso intensivo de ilustración científica, que se realizará no Museo do Mar de Galicia (Vigo) do 2 ao 6 de xullo de 2018. Esta é a cuarta edición do curso, do mesmo xeito que nas anteriores, Miquel Baidal, coordinador de Illustraciencia, e Clara Cerviño, bióloga e ilustradora científica, compartirán as súas experiencias e axudaranche a sintetizar imaxes e a usar técnicas de debuxo para realizar as túas propias ilustracións científicas.

É un curso deseñado para aqueles interesados no mundo da ilustración científica e durante o cal se proporcionarán as ferramentas necesarias para a creación de ilustracións. O curso esta centrado no debuxo de peixes e cada participante traballará cunha especie, aplicando as diferentes técnicas en función das partes da mesma (grafito, tinta e acuarela). Entre todos crearase unha publicación dixital na que aparezan os traballos.

Traballarase na aula utilizando diferentes fontes de documentación e referencias. Ao ser un curso intensivo recoméndase que os participantes dispoñan de tempo libre polas tardes para terminar os exercicios. Cada alumno disporá dun dossier con toda a información do curso: explicacións teóricas, exercicios e bibliografía. Ademais terá acceso á plataforma en liña Google Classroom. Nesta ligazón pódense ler as reseñas dos nosos cursos.

Para finalizar o curso organizarase unha mesa redonda sobre ilustración científica.

Programa
Formulario preinscrición

Matrícula: 350 €
Prazas: 20

Contacto
Clara Cerviño 607 514 247 –  Miquel Baidal 687 970 004
cursos@illustraciencia.info

ilustrando ciencia

Share This