“Margarida maior dos cantís das illas Cíes”

  /  FOTOBLOG   /  “Margarida maior dos cantís das illas Cíes”

“Margarida maior dos cantís das illas Cíes”

“Margarida maior dos cantís das illas Cíes”

Neste primeiro plano rexistrado por Fernando Rey Daluz, admiramos e gozamos da presenza dunha pradaría costeira dominada pola Margarida maior (Leucanthemum merinoi). Atopámonos no entorno do alto do Príncipe na illa Norte ou de Monteagudo do arquipélago das illas Cíes. Dende aquí, tamén divisamos parte da illa do Medio ou de Montefaro.

Esta planta, a Margarida maior é común nas illas Cíes, sobre todo nos cantís e sempre preto do mar. Trátase dun endemismo que tan só aparece nas costas comprendidas entre o norte de Portugal e Galicia ata o cabo Ortegal. É unha planta moi vistosa cando está en floración, na primavera. Aparece nas faixas medias e altas do cantil onde existe unha elevada salinidade procedente das pingas pulverizadas que aportan as ondas do mar que son a súa vez arrastradas polos fortes ventos aquí predominantes. Así, a Margarida maior forma parte dos denominados pasteiros aerohalófilos que están situados a unha altura media nos cantís. Xa na parte superior destes, aparece un cinto vexetal moito menos influenciado pola acción do mar, salinidade e vento. Aquí, a vexetación de cantil é xa un territorio ocupado pola matogueira costeira onde sen embargo tamén está presente a nosa protagonista, a Margarida maior.

Premer sobre a imaxe para a poder ampliar:

Imaxe: 

© Fernando Rey Daluz

Luzlux

Author: Santiago Boado Aguinaga

Santi Boado é licenciado en Historia pola Universidade de Santiago. Investigador, divulgador e redactor. Naturalista vocacional, ten formación en comercialización e información turística, interpretación do patrimonio e educación ambiental. Exerce de guía-intérprete en espazos con valor patrimonial. Tamén é guía acreditado do Parque Nacional marítimo terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e membro da Asociación de Guías Acreditados das Illas Atlánticas de Galicia-Agaia, do clube de montaña Pena Trevinca-Montañeiros de Galicia e da Seo-Birdlife.

Share This