O Buraco do Inferno. Os seus lugares. “Ons: unha illa habitada”. Capítulo 4 (XVII)

Portada » O Parque Nacional » O Buraco do Inferno. Os seus lugares. “Ons: unha illa habitada”. Capítulo 4 (XVII)

Nov 17, 2018 | BIBLIOGRAFÍA, HISTORIA

Ons: unha illa habitada · Paula Ballesteros-Arias e Cristina Sánchez-Carretero

CAPÍTULO 4 (XVII)

Os seus lugares

O Buraco do Inferno

Trátase dunha profunda fenda natural na terra, moi preto do cantil mariño, de forma circular situado ao sur da illa e que comunícase co mar por medio dunha caverna. Esta formación xeolóxica forma parte das visitas turísticas da denominada “Ruta Sur” (Vilas et al. 2005, 185-86).

O Burato do Inferno é unha furna ou cova mariña con entrada horizontal e mais a singularidade de contar cunha entrada vertical polo derrube do seu teito.

Ademais do propio buraco, rodeado por un cercado de pedra, hai dúas cruces nas rochas do entorno en memoria dos alí falecidos. Unha delas en memoria dun militar (18-10-63 E) é de formigón con estrutura de ferro. Outra das cruces, púxose en memoria dun rapaz falecido nos anos 90. A cruz é de granito cos estremos dos brazos gravados como motivos florais. Na cruz gravada o seu nome, Anxo, coas datas do seu nacemento e do seu pasamento: 27-11-71 / 16-08-93.

cruz burato 1 paula

Detalle dunha das cruces © CSIC

Esta profunda depresión xeolóxica coñécese co nome de Buraco do Inferno, posiblemente facendo alusión á súa comunicación directa co inframundo. Alonso Romero, en relación coas posibles lendas asociadas ao buraco escribe:

“Personalmente he visitado varias veces el burato do Inferno y he intentado recoger información popular sobre él, pero no encontré, o no se conservan, ni leyendas, creencias, cultos o supersticiones relacionadas con esta sima, a no ser el profundo temor que inspira a los isleños por ser lugar muy peligroso dado lo fácil que es, debido a la inclinación del terreno, el resbalar y caer en su tenebrosa boca. Los pescadores suelen entrar en sus dornas por la furna o gruta marina con la que se comunica con el mar. Es un lugar donde abundan los mariscos y anidan infinidad de aves marinas. Si el burato do Inferno estuvo o no vinculado en la Antigüedad a alguna creencia en relación con el Otro Mundo, ésta desgraciadamente se ha perdido” (Alonso Romero 1981, 298).

Porén, na revista “O Candil” coordinada por Arturo Sánchez Cidrás e feita polo profesorado e alumnado do CEIP A Pedra de Bueu, no número 15 (1997) adicado a os contos e lendas recompilados polos nenos e nenas a través de entrevistas feitas aos seus familiares atopamos varias referencias a este buraco:

“Hai un buraco que se tiras unha pedra óese como se estiveras cortando unha árbore. Por terra non se pode ir pero por mar si e cando a marea está chea mírase a auga desde enriba”. María del Carmen Reiriz.

“En días de temporal óense berros e salaios das almas que ten atrapadas o diaño”. María Jesús Acuña.

“Un soldado ao achegarse sentiu como se o estiveran empuxando para que caira e así pasou. Foron varias as expedicións a dentro del, pero non o atoparon. Sospeitase que o soldado estea nun asento de pedra”. José Manuel Sánchez Dosantos, conta do seu pai (Sánchez Cidrás 1997, 19).

 

Premer sobre as imaxes para poder mirar a fotogalería:

 

Imaxe destacada: cruz de mala morte no entorno do buraco do Inferno © Santiago Boado Aguinaga

Imaxes: © CSIC e © Santi Boado Aguinaga

Se dispón de conexión a internet, recomendámoslle que consulte o vídeo “Ons: mar, terra e identidade” a través desta ligazón

Título: Ons: unha illa habitada

Autor: Ballesteros-Arias, Paula ; Sánchez-Carretero, Cristina

Dispoñibilidade: Descarga gratuita en Apple

Ler tamén: Ons: unha illa habitada

Cíes.gal
Author: Cíes.gal

Redacción Cíes.gal.

Otros artículos

Area de Nosa Señora, Cíes. Anos 20

Area de Nosa Señora, Cíes. Anos 20

Excursionistas, bañistas e gamelas na praia de Nosa Señora ou do Chuco. Este areal está situado fronte ao illote dos Viños na illa do Medio ou Montefaro do arquipélago das illas Cíes. Premer sobre a imaxe para a poder ampliar: [gallery columns="1" size="full"...