
O Centro Oceanográfico de Vigo. Guías “Os Bolechas”
O CENTRO OCEANOGRÁFICO DE VIGO
Guías “OS BOLECHAS”
Ilustracións e textos: Pepe Carreiro / Estudio Carreiro
Bolanda Ediciones y Marketing
Xénero: Literatura Infantil Galega – Contos
Idade recomendada: + 3 anos
Con motivo da celebración do Centenario do Centro Oceanográfico de Vigo do Instituto Español de Oceanografía, os Bolechas visitan o centro e nos explican as súas funcións.
O Centro Oceanográfico de Vigo do IEO xa ten 100 anos! Inaugurouse en 1.917.
As persoas que traballan nel investigan o mar. Son científicas. E os descubrimentos que fan benefíciannos a todos.
Imos velo neste libro.
Bótalle un vistazo ao libro en formato PDF facendo clic AQUÍ ou ven a BiblioPazos e lévao para ler na túa casa.
ISBN: 978-84-697-5408-5
Nº de páxinas: 24