O embarcadoiro de Cortegada en 1906

  /  FOTOBLOG   /  O embarcadoiro de Cortegada en 1906

O embarcadoiro de Cortegada en 1906

O embarcadoiro de Cortegada en 1906

Vella tarxeta postal centenaria que nos mostra o embarcadoiro e parte da aldea da illa de Cortegada, fronte a Carril, no ano 1906, pouco antes da doazón á monarquía e abandono por parte dos seus habitantes. Ao fondo, sobre Carril, o monte Xiabre.

A comezos do século XX os concellos de Vilagarcía de Arousa e Carril (ao que pertencía a illa, antes da unión de ditos concellos en 1908) decidiron doarlle o arquipélago ao rei Alfonso XIII para que establecera aquí a súa residencia de verán. Mesmo se levantaron planos do pazo ou dunha ponte levadiza que uniría a illa con Carril.

Naquelas datas habitaban a illa uns vinte veciños aínda que moitos dos terreos eran de xentes da contorna. Entre 1907 e 1910 e tras moitos atrancos burocráticos faríase entrega da doazón aínda que o dito pazo real nunca se chegou construír.

Fai clic sobre a imaxe para a poder ampliar:

Author: Cíes.gal

Redacción Cíes.gal.

Share This