Percebes das Illas Atlánticas de Galicia

Portada » O Parque Nacional » Percebes das Illas Atlánticas de Galicia

Xan 20, 2017 | Destacados, FOTOBLOG, NATUREZA

Percebes das Illas Atlánticas de Galicia

Vista parcial dunha comunidade de percebes (Pollicipes pollicipes) na cara oeste do arquipélago da illa de Ons captada por Suso Framil no Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

Os percebes son animais mariños, crustáceos invertebrados que se localizan nas zonas máis batidas do litoral rochoso e con máis inclinación, onde se aproveitan das augas ricas en osíxeno para desenvolverse de maneira óptima. Atópanse así nas zonas máis turbulentas da rexión intermareal onde o rachar das ondas é moi violento.

Tamén che poden interesar:

Percebes da illa de Ons

Silo recollendo o percebe nun día tranquilo. O son do mar e das gaivotas/“Ons: unha illa habitada”. O Mar. As súas xentes. Vida cotiá 

Ana selecciona e limpa os percebes que os compañeiros van recollendo/“Ons: unha illa habitada”. O Mar. As súas xentes. Vida cotiá 

Fai click sobre a imaxe para a poder ampliar:

Imaxe: © Suso Framil

Santiago Boado Aguinaga
Author: Santiago Boado Aguinaga

Santi Boado é licenciado en Historia pola Universidade de Santiago. Investigador, divulgador e redactor. Naturalista vocacional, ten formación en comercialización e información turística, interpretación do patrimonio e educación ambiental. Exerce de guía-intérprete en espazos con valor patrimonial. Tamén é guía acreditado do Parque Nacional marítimo terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e membro da Asociación de Guías Acreditados das Illas Atlánticas de Galicia-Agaia, do clube de montaña Pena Trevinca-Montañeiros de Galicia e da Seo-Birdlife.

Otros artículos