Recuperando a memoria. Fotogalería dunha nova oportunidade para a aldea de Sálvora (II)

Portada » O Parque Nacional » Recuperando a memoria. Fotogalería dunha nova oportunidade para a aldea de Sálvora (II)

Mai 2, 2017 | FOTOBLOG, HISTORIA

Recuperando a memoria. Fotogalería dunha nova oportunidade para a aldea de Sálvora (II)

Nos últimos anos e dende que o arquipélago de Sálvora pertence ao Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, a aldea abandonada desta illa de Sálvora ven sendo obxecto de diversas actuacións de mellora, posta en valor e seguridade para permitir o seu uso público e desfrute por parte dos visitantes.

Leváronse a cabo así nos últimos anos diversos traballos de limpeza, acondicionamento, consolidación ou mesmo nalgúns casos rehabilitacións, para poder deste xeito preservar unha parte destacada do patrimonio cultural material da illa de Sálvora, distinguindo a súa vez a memoria dos seus habitantes.

A aldea de Sálvora ten unha distribución moi especial e funcional na súa estrutura e ocupación. A aldea, está na cara este, mirando cara o interior da ría de Arousa e tamén protexida dos ventos e do mar entre rochas, penedos e cons, nunha orde disposta, xuntas as casas e agrupadas en torno a un patio central en medio do asentamento.

Contamos cun conxunto de hórreos por riba, e a eira de mallar, un lavadoiro á entrada da aldea, unha fonte polo camiño, a de Santa Catalina, pouco antes de chegar, tamén unha telleira. Marcos e lindes, moitas veces pedras fincadas, delimitando o que antes eran campos de cultivo e terras de labor. As cortesalpendres acompañan o conxunto da aldea. Tamén as pías ou as moas de muíño son quen de achergarnos a un pasado non tan lonxano.

É unha aldea xunto ao mar, cun camiño directo ao areal dos Bois, onde xa non se atopan as dornas varadas. Imaxinamos aquí unha vida dedicada ao cultivo, o gando e a pesca nunha illa, e o mar por medio. Unha comunidadecunha cultura de seu, singular, na que compre seguir afondando.

Aportamos desta maneira, unha segunda fotogalería centrada na aldea de Sálvora, como achegamento a unha pequena mostra de valores patrimoniais engadidos que levan á iniciativa de lograr o recoñecemento de Ben de Interese Cultural (BIC) para Sálvora.

Esta non é máis ca unha segunda mostra dunha serie entregas de galería de imaxes que tratan de plasmar o que foi unha aldea chea de vida. O que hoxe vemos son os restos arqueolóxicos contemporáneos do poboamento desta illa, unha comunidade un tanto pechada, onde a parroquia de Aguiño en Ribeiraera o primeiro referente no continente, en terra. Noutra punta da illa, onde o faro, vivían os torreiros coa súa familia.

Aportamos esta fotogalería como primeira parte dunha serie de documentación gráfica que pretende transmitir estes valores a través dunha visión do estado actual desta aldea de Sálvora, abandonada en torno a 1970. Hoxe está en proceso de recuperación, sen habitantes pero con visitantes.

*Ver Fotogalería despois das ligazóns adicionais:

Pódenche interesar tamén os seguintes artigos relacionados co “mundo” de Sálvora:

Recuperando a memoria. Fotogalería dunha nova oportunidade para a aldea de Sálvora (I)

O arquipélago de Sálvora. Presentación

O Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Presentación

Breve aproximación á historia de Sálvora (I)

Cornide de Saavedra e as illas Casitérides (I)

O naufraxio do Santa Isabel en Sálvora (I)

Taberna e almacén de Sálvora en 1921

O buque Santa Isabel antes do seu naufraxio

Faros do Parque Nacional: o faro de Sálvora

Na illa de Sálvora aínda existe un faro habitado

Os “monstros” de Sálvora

Reconversións de Sálvora

Un estudo da UDC localiza ricas pradarías de seba nos fondos mariños de Cortegada e Sálvora

A illa de Sálvora, Ben de Interese Cultural (BIC)

Apertura de inscricións proba de natación Tripla Coroa Illas Atlánticas Sálvora-Vilagarcía de Arousa (28 km)

Triple Coroa Illas Atlánticas (Sálvora-Vilagarcía de Arousa)

Manexo de matogueira con Cabalo de pura raza galega na Illa de Sálvora

A herba de namorar tapiza e colorea a illa de Sálvora

Serenidade e luar en Sálvora

Gozando da liberdade en Sálvora

Os últimos de Sálvora

Queres ir coñecendo os segredos que agochan os cons de Sálvora?

Algúns dos grandes descoñecidos de Sálvora, illotes de Noro, Curviña e Herbosa

Illote do con de Noro en Sálvora

Trailer da curtametraxe “Torreiros, os gardiáns da Ría”

Flora e vexetación de Sálvora

Estratexias de gaivotas expostas a perigos durante a incubación

Casos de depredación de lagarto arnau por gaivota patiamarela no Parque Nacional das Illas Atlánticas (EN)

Ver fotogalería: premer sobe as imaxes para as poder ampliar:

Imaxes:

© Arquivo da Luz Atlántica

Cíes.gal
Author: Cíes.gal

Redacción Cíes.gal.

Otros artículos

Area de Nosa Señora, Cíes. Anos 20

Area de Nosa Señora, Cíes. Anos 20

Excursionistas, bañistas e gamelas na praia de Nosa Señora ou do Chuco. Este areal está situado fronte ao illote dos Viños na illa do Medio ou Montefaro do arquipélago das illas Cíes. Premer sobre a imaxe para a poder ampliar: [gallery columns="1" size="full"...

O embarcadoiro de Cortegada en 1906

O embarcadoiro de Cortegada en 1906

O embarcadoiro de Cortegada en 1906 Vella tarxeta postal centenaria que nos mostra o embarcadoiro e parte da aldea da illa de Cortegada, fronte a Carril, no ano 1906, pouco antes da doazón á monarquía e abandono por parte dos seus habitantes. Ao fondo, sobre Carril, o...