Resistindo o paso do tempo

  /  FOTOBLOG   /  Resistindo o paso do tempo

Resistindo o paso do tempo

Resistindo o paso do tempo

Unha imaxe invernal de Paco Álvarez realizada no areal da Fontaíña, unha praia da parroquia viguesa de Coruxo. Trátase dun conxunto de gamelas varadas na area, nun fermosísimo marco. Son embarcacións tradicionais da ría de Vigo. Este é un dos cada vez máis escasos redutos aínda sobrevivintes ao paso de tempo na ría de Vigo onde poder contemplar estampas tradicionais aínda vivas. Lugares onde respirar a esencia mariñeira tradicional e mesmo contemplar e gozar de lugares tan ricos e fermosos que forman parte da nosa cultura. Unha Cultura Atlántica  que compre conservar para hoxe e para mañá.

Pódenche interesar tamén:

Gamelas varadas na area en punta Balea

Gamelas coruxeiras na Ría de Vigo

Gamelas en Nerga. Cangas do Morrazo

Area de Nosa Señora, Cíes. Anos 20

Premer sobre a imaxe para a ampliar:

Imaxe:

© Paco Álvarez

Author: Santiago Boado Aguinaga

Santi Boado é licenciado en Historia pola Universidade de Santiago. Investigador, divulgador e redactor. Naturalista vocacional, ten formación en comercialización e información turística, interpretación do patrimonio e educación ambiental. Exerce de guía-intérprete en espazos con valor patrimonial. Tamén é guía acreditado do Parque Nacional marítimo terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e membro da Asociación de Guías Acreditados das Illas Atlánticas de Galicia-Agaia, do clube de montaña Pena Trevinca-Montañeiros de Galicia e da Seo-Birdlife.

Share This