Rutas de verán para coñecer o Parque Nacional

  /  ACTUALIDADE   /  Rutas de verán para coñecer o Parque Nacional

Rutas de verán para coñecer o Parque Nacional

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda ofertará ao longo deste verán preto de 19.500 prazas para coñecer da man dun guía acreditado o patrimonio natural e ambiental do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Mañá está prevista a primeira das rutas guiadas da tempada, que baixo o título Sálvora: unha illa de esculturas e lendas permitirá aos 12 participantes na visita achegarse á historia e á natureza desta illa a través dun percorrido polas súas principais rochas e esculturas.

Estas rutas enmárcanse na actividade estival Descubrindo o Parque Nacional, que ofrecerá ao longo do verán máis de 1.400 excursións aos arquipélagos de Cíes, Ons, Cortegada e Sálvora co obxectivo de animar aos cidadáns a coñecer os valores destes enclaves naturais, completando e enriquecendo así as actividades de praia ou de sendeirismo que habitualmente fan os visitantes nesta época do ano.

Nas illas de Ons e de Cíes estas visitas desenvolveranse todos os días, salvo que as condicións meteorolóxicas ou algún imprevisto obriguen a anulalas, durante o período que vai do 1 de xullo ao 15 de setembro. No caso de Cortegada, haberá rutas os luns ou os martes -en función da marea, xa que só se accede a esta illa con marea alta- desde o 1 de xullo ata o 9 de setembro, e no de Sálvora, están programadas para todos os luns, mércores, venres e sábados comprendidos entre o 21 de xuño e o 2 de setembro.

Independentemente da illa de destino, todas as excursións estarán dirixidas por guías do Parque Nacional con máis de 15 anos de experiencia e organizaranse sempre para grupos reducidos –normalmente, 12 persoas en cada quenda- co fin de garantir a máxima calidade da visita a este espazo protexido.

Por iso, o número de prazas é limitado e no caso de Cortegada e Sálvora, os interesados en participar nalgunha ruta deberán solicitar a súa praza a través da web da central de reservas habilitada polo Organismo de Parques Nacionais de España www.reservasparquesnacionales.es. Tamén se poderá cubrir esta solicitude acudindo persoalmente ao edificio Cambón, sede do Parque Nacional en Vigo.

Ao longo do verán ofertaranse case 500 prazas divididas en 40 rutas pola illa de Sálvora e outras 129 para participar nalgunha das 10 visitas previstas en Cortegada.
A continuación, achégase o calendario no que se detallan datas e prazas dispoñibles:

Illa
Data
Título da ruta
Nºprazas
Porto
Partida
Regreso
 Sálvora

21 xuño

Esculturas e lendas

12

Aguiño

10:30h

18:00h

 Sálvora

22 xuño

Esculturas e lendas

12

Aguiño

10:30h

18:00h

 Sálvora

24 xuño

Esculturas e lendas

12

Cabo de Cruz

9:30h

14:00h

 Sálvora

26 xuño

Esculturas e lendas

12

Aguiño

10:30h

18:00h

 Sálvora

29 xuño

Esculturas e lendas

12

Vilagarcía

9:00h

14:00h

 Sálvora

01 xullo

Esculturas e lendas

12

Aguiño

10:00h

14:00h

 Sálvora

03 xullo

Esculturas e lendas

12

Cabo de Cruz

9:30h

14:00h

 Sálvora

05 xullo

Esculturas e lendas

12

Aguiño

10:30h

18:00h

 Sálvora

06 xullo

Esculturas e lendas

12

Aguiño

10:30h

18:00h

 Sálvora
08 xullo

Esculturas e lendas

12

Vilagarcía

9:00h

14:00h

 Sálvora

10 xullo

Esculturas e lendas

12

Cabo de cruz

9:30h

14:00h

 Sálvora

12 xullo

Esculturas e lendas

12

Aguiño

10:30h

18:00h

 Sálvora

13 xullo

Esculturas e lendas

12

Aguiño

10:30h

18:00h

 Sálvora

17 xullo

Esculturas e lendas

12

Aguiño

10:30h

18:00h

 Sálvora

19 xullo

Esculturas e lendas

12

Aguiño

10:30h

18:00h

 Sálvora

20 xullo

Esculturas e lendas

12

Cabo de Cruz

9:30h

14:00h

 Sálvora

24 xullo

Esculturas e lendas

12

Aguiño

10:30h

18:00h

 Sálvora

26 xullo

Esculturas e lendas

20

O Grove

10:00h

18:00h

 Sálvora

27 xullo

Esculturas e lendas

12

Vilagarcía

9:00h

14:00h

 Sálvora

29 xullo

Esculturas e lendas

12

Cabo de Cruz

9:30h

14.00h

 Sálvora

31 xullo

Esculturas e lendas

12

Aguiño

10:30h

18:00h

 Sálvora

02 agosto

Esculturas e lendas

12

Aguiño

10:30h

18:00h

 Sálvora

03 agosto

Esculturas e lendas

12

Vilagarcía

 9:00h

14:00h

 Sálvora

05 agosto

Esculturas e lendas

12

Aguiño

10:00h

14:00h

 Sálvora

07 agosto

Esculturas e lendas

12

Cabo de Cruz

 9:30h

14:00h

 Sálvora

09 agosto

Esculturas e lendas

20

O Grove

10:00h

18:00h

 Sálvora

10 agosto

Esculturas e lendas

12

Aguiño

10:30h

18:00h

 Sálvora

12 agosto

Esculturas e lendas

12

Cabo de Cruz

9:30h

14:00h

 Sálvora

14 agosto

Esculturas e lendas

12

Vilagarcía

9:00h

14:00h

 Sálvora

16 agosto

Esculturas e lendas

12

Aguiño

10:30h

18:00h

 Sálvora

17 agosto

Esculturas e lendas

12

Aguiño

10:30h

18:00h

 Sálvora
19 agosto

Esculturas e lendas

12

Vilagarcía

9:00h

14:00h

 Sálvora

21 agosto

Esculturas e lendas

12

Cabo de Cruz

9:30h

14:00h

 Sálvora

23 agosto

Esculturas e lendas

12

Aguiño

10:30h

18:00h

 Sálvora

24 agosto

Esculturas e lendas

12

Aguiño

10:30h

18:00h

 Sálvora

26 agosto

Esculturas e lendas

12

Cabo de Cruz

 9:30h

14:00h

 Sálvora

28 agosto

Esculturas e lendas

12

Aguiño

10:30h

18:00h

 Sálvora

30 agosto

Esculturas e lendas

12

Aguiño

10:30h

18:00h

 Sálvora

31 agosto

Esculturas e lendas

12

Vilagarcía

9:00h

14:00h

 Sálvora
2 setembro

Esculturas e lendas

12

Vilagarcía

9:00h

14:00h

 Cortegada
1 xullo

O segredo dun bosque no mar

12

Vilagarcía

16:00h

19:00h

 Cortegada

9 xullo

O segredo dun bosque no mar

7

Vilagarcía

10:00h

13:00h

 Cortegada

15 xullo

O segredo dun bosque no mar

12

Vilagarcía

16:00h

19:00h

 Cortegada

22 xullo

O segredo dun bosque no mar

12

Vilagarcía

16:30h

19:30h

 Cortegada

29 xullo

O segredo dun bosque no mar

11

Vilagarcía

11.00h

14:00h

 Cortegada

6 agosto

O segredo dun bosque no mar

15

Carril

10:00h

13:00h

 Cortegada

12 agosto

O segredo dun bosque no mar

15

Carril

16:00h

19:00h

 Cortegada

20 agosto

O segredo dun bosque no mar

15

Carril

16.00h

19:00h

 Cortegada

26 agosto

O segredo dun bosque no mar

15

Carril

10:00h

13:00h

 Cortegada

9 setembro

O segredo dun bosque no mar

15

Carril

10:30h

13:30h

Así mesmo, no caso de Cíes e Ons as persoas que queiran anotarse para coñecer da man dun guía profesional estes arquipélagos, ao igual que nos anos anteriores, poderán facelo presencialmente nas casetas de información localizadas nestas dúas illas no momento da visita, xa que se ofertan prazas a diario aínda que cun número limitado.

A actividade guiada será sempre de balde e os participantes só terán que asumir os custos de desprazamento ata o porto de saída e o transporte en barco ao arquipélago (previamente concertado polo parque). Cada persoa poderá reservar unha soa ruta por illa e cómpre lembrar que tamén terá que xestionar pola súa conta a correspondente autorización na web https://autorizacionillasatlanticas.xunta.gal/illasr/inicio, requisito imprescindible para comprar o billete nalgunha das navieiras que cobren o transporte regular ao parque en tempada alta.

Estas rutas están recomendadas para un público maior de 12 anos, pero os menores tamén poden participar sempre que vaian acompañados dun adulto; por cada maior de idade participante, admitiranse, como máximo, dous menores ao seu cargo.

Máis de 15 anos de rutas

A tempada estival de visitas arrancará oficialmente mañá coa primeira excursión a Sálvora. Partirá do porto de Aguiño (Ribeira) ás 10,30 horas e regresará ás 18,15 horas e terá como fin dar a coñecer como son as xentes e a natureza desta illa, propoñendo un percorrido pola súa principal ruta histórica-xeolóxica. A primeira visita estival a Cortegada sairá de Vilagarcía o vindeiro 1 de xullo e baixo o título O segredo dun bosque no mar, utilizará as distintas árbores que cobren esta illa como fío condutor para contarlle aos asistentes historias sobre os seus antigos poboadores e a riqueza natural e paisaxística que alberga.

Cómpre lembrar que o programa de rutas de verán do Parque Nacional das Illas Atlánticas naceu no ano 2004, ofertando nun principio visitas guiadas ás illas de Cíes e de Ons, e ampliando a actividade a partir do verán de 2017 tamén aos illotes de Sálvora e Cortegada, os menos coñecidos deste espazo natural galego.

Desde a súa primeira edición, estas rutas sempre tiveron moi boa acollida, como demostra o feito de que ata o momento preto de 60.000 persoas xa tiveron ocasión de coñecer en profundidade e da man de persoal especializado os segredos do Parque Nacional.

 

Fonte: C. de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

Imaxe destacada: Fernando Rey Daluz

Author: Cíes.gal

Redacción Cíes.gal.

Share This