Saída 7 e 8 de decembro. Turismo Científico no Parque Nacional das Illas Atlánticas

  /  ACTUALIDADE   /  Saída 7 e 8 de decembro. Turismo Científico no Parque Nacional das Illas Atlánticas

Saída 7 e 8 de decembro. Turismo Científico no Parque Nacional das Illas Atlánticas

SAÍDA 7 E 8 DE DECEMBRO 2018

TURISMO CIENTÍFICO NO PARQUE NACIONAL MARÍTIMO TERRESTRE DAS ILLAS ATLÁNTICAS DE GALICIA

7 e 8 DECEMBRO

Visitaremos as illas en decembro nunha viaxe única tanto para viaxeiros que xa as coñecen como aqueles que as visitan por primeira vez.

UNHA MIRADA CIENTÍFICA: Coñeceremos as illas acompañados de guías expertos en diferentes áreas científicas que nos mostrarán os aspectos máis curiosos destes arquipélagos.

UNHA PAISAXE ESCULPIDA POLO MAR: Gozaremos das illas en inverno, no seu estado máis virxe e salvaxe, sen apenas xente e na mellor época para vivir unha experiencia totalmente diferente.

UNHA EXPERIENCIA CIENTÍFICA COMPLETA: Faremos sesións totalmente prácticas de avistamento de aves e cetáceos, combinaremos sendeirismo e historia e pasaremos a noite na última illa habitada de Galicia cunha sesión de astronomía observando ó ceo das illas.

QUÉ FAREMOS NAS ILLAS:

  • ILUSTRACIÓN CIENTÍFICA: Aprenderemos a plasmar paisaxes e especies das illas nun CADERNO DE VIAXES CIENTÍFICAS.
  • HISTORIA CON CIENCIA NAS ILLAS ATLÁNTICAS: rutas guiadas de sendeirismo interpretativas descubrindo os puntos menos coñecidos de Cíes e Ons. Aprenderemos sobre o COÑECEMENTO CIENTÍFICO desenvolvido no Parque Nacional.
  • ASTROTURISMO, O CEO DOS DEUSES: observación astronómica na illa de Ons.
  • ORNITOLOXÍA E MEDIO MARIÑO EN ‘UN MAR DE AVES’: sesións prácticas sobre avistamento de aves e cetáceos nas illas. Tamén sobre a formación das illas e rías, prestando especial atención á importancia do medio mariño.

QUÉ INCLÚE:

  • Traslados en catamarán ida e volta desde o porto de Vigo.
  • Actividades con guías acreditados do Parque e expertos en diferentes áreas científicas:  bioloxía, historia e astronomía.
  • Comidas tipo picnic con cea e almorzo basado en gastronomía local e productos km.0
  • Aloxamento en habitación dobre.

PREZO: 190€

O compromiso de Mar de Ciencia co medio ambiente producirá sempre o mínimo impacto posible no medio cunha xestión responsable dos residuos. Todas as comidas están basadas en productos locais e de km. cero.

Mar de Ciencia resérvase o dereito de cancelar e/ou modificar a actividade (horario, recorrido, etc.) en función do número de inscricións, das condicións meteorolóxicas ou por outra causa de forza maior, con aviso previo a tódolos participantes, e reembolso íntegro do importe da reserva.

MAR DE CIENCIA

Imaxe destacada: Fernando Rey Daluz

Share This