Semana de sensibilización fronte ao lixo no Centro de Visitantes das Illas Atlánticas

  /  ACTUALIDADE   /  Semana de sensibilización fronte ao lixo no Centro de Visitantes das Illas Atlánticas

Semana de sensibilización fronte ao lixo no Centro de Visitantes das Illas Atlánticas

Detallamos a continuación a programación de actividades que se ofertarán no lugar no Centro de Visitantes do P.N. Illas Atlánticas de Galicia, edificio Cambón, na semana do 27 de agosto ao 2 de setembro.
Será a semana da “SENSIBILIZACIÓN FRONTE A PROBLEMÁTICA DO LIXO“.
O xoves achegarémonos a esta problemática cunha primeira actividade divulgativa que se apoiará nunha pequena exposición guiada a través da cal falaremos sobre os nosos hábitos, a xestión dos nosos resíduos e os impactos que estes teñen no medio mariño. O venres teremos o noso Cine en Verde co aclamado documental “Before the flood”, co que reflexionaremos sobre os efectos do cambio climático na nosa contorna. O sábado pecharemos a semana coa actividade infantil “SOS: Loitando contra os refugallos invasores” e coa sesión de cinema familiar “Minúsculos: o val das formigas perdidas”.
Ademais, poderedes coñecer mellor o centro de visitantes nalgunha das visitas guiadas que ofrecemos os martes ás 19h. da tarde e os mércores ás 12h. da mañá, e que estarán relacionadas coa temática da semana.

Premer sobre a imaxe para ver programación:

 

Share This