Somerxémonos no baixo do Príncipe das illas Cíes con Pedro Alonso

  /  Destacados   /  Somerxémonos no baixo do Príncipe das illas Cíes con Pedro Alonso

Somerxémonos no baixo do Príncipe das illas Cíes con Pedro Alonso

Mergullando en augas do arquipélago das illas Cíes con Pedro Alonso

A través destas imaxes somerxémonos baixo o mar, nunha nova e privilexiada aventura que supón observar e desfrutar deste valioso e importantísimo ecosistema mariño de fondos rochosos. Contemplamos como van xurdindo e aflorando aquí extraordinarios exemplos de de vida. Destacar a colonización destes fondos por algas, ramallos de mar, golfeiros e mesmo animais mariños como as gorgonias ou os espectaculares espirógrafos. Atopámonos deta vez no arquipélago das illas Cíes que xunto Ons, Sálvora e Cortegada forman o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

Queremos destacar neste audiovisual a curiosa escena da anémona vivindo en simbiose cunha gamba. Ao contrario do que poda parecer, a gamba Periclimenes sagittifier non está a ser devorada pola anémona xa que viven en simbiose, é o equivalente ao famoso exemplo do peixe paiaso no IndoPacífico. Así, a nosa gamba aliméntase dos detrítus das anémonas, manténdoa limpa e aproveitando tamén a protección que lle está a dar a anémona coas suas celúlas urticantes. Tamén compre destacar un cardume de sargos e chaparelas, a presenza do peixe pipa, o lumbrigante e mesmo o polbo

Deste xeito, nestes ecosistema de fondos rochosos podemoobservar unha importante cantidade de hábitats onde xurden distintos grupos de animais mariños. Xa ben sexan peixesmoluscospoliquetoscnidarios ou equinodermos.

Así, distinguimos neste audiovisual de Pedro Alonso, entre outras moitas especies, fanecas, chaparelas, sargos, maragotas, robalizas, doncelas, peixe pipa e babosas de mar. Tamén están presentes as anémonas,  polbos, bogavantes e espirógrafos.

Todas estas especies de animais e algas conforman un conxunto, unha relación, unha orde, un equilibro necesario que compre respectar para conservar esta riqueza en forma de cantidade e calidade de vida. Un conxunto que representa excelentes indicadores de valores da biodiversidade que albergan estes fondos mariños do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

Polo tanto, todos os seres vivos que conforman este conxunto tan biodiverso atopan aquí as condicións ideais de vida para se refuxiar, reproducirse, criar e alimentar. Así acontece nas augas do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Nesta ocasión mostramos unha entrada das illas Cíes, na illa do Medio ou Montefaro, no lugar do baixo do Príncipe, preto da punta do mesmo nome, onde está situado o faro da Porta, que indica a canle de 500 metros que separa illa Sur de Montefaro.

Son imaxes todas que parten dunha outra de tantas inmersións de Pedro Alonso, que sempre nos aportan riqueza e dan boa conta da biodiversidade de valores e importancia que alberga o medio mariño no Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia onde representa o 86% da súa superficie total. O 14% restante  correspóndese coas propias illas emerxidas e coincide coa superficie terrestre dos arquipélagos das illas CíesOnsSálvora e Cortegada.

Xunto ao o Parque Nacional Marítimo Terrestre do Arquipélago de Cabrera en Baleares, no mar Mediterráneo, son os dous únicos parques nacionais existentes con esta singularidade. Referímonos ao feito de ter a maior parte da súa superficie cunha condición marítima. A Red de Parques Nacionales está conformada por un total de 15 espazos naturais que contan con esa categoría de protección no conxunto do estado.

Uns fondos mariños cheos de vida que compre respectar e protexer. Aínda así, aquí faena de xeito regular a pesca e o marisqueo profesional e tradicional de carácter artesanal. Unha frota de baixura das localidades costeiras próximas que atopa nas augas do Parque Nacional e seu entorno un dos seus principais recursos e caladoiros.

Así todo, lograr manter este equilibro non é doado nin está garantido malia ser imprescindible para a conservación destes ecosistemas mariños. Compre apostar polo desenvolvemento sustentable “real” para asegurarmos un futuro mellor para o o noso mar e polo tanto para o mantemento do sector pesqueiro e marisqueiro e xa que logo para a sociedade en xeral.

Este vídeo foi gravado en augas da do arquipélago das illas Cíes por Pedro Alonso e publicado o 2 de agosto de 2018 na súa canle de Youtube.

Imaxe destacada: Captura de pantalla audiovisual © Pedro Alonso

Share This