Trece grados ou como coñecer as paisaxes submarinas que cobren os fondos da Ría de Vigo e os seus habitantes

  /  Destacados   /  Trece grados ou como coñecer as paisaxes submarinas que cobren os fondos da Ría de Vigo e os seus habitantes

Trece grados ou como coñecer as paisaxes submarinas que cobren os fondos da Ría de Vigo e os seus habitantes

Trece grados é un fantástico proxecto que mostra os valores submarinos da ría de Vigo a partir de numerosos vídeos e espectaculares galerías de imaxes que nos achegan virtualmente á biodiversidade que agocha este outro mundo submarino

Deste xeito 13 grados pretende concienciar sobre a importancia da súa conservación

Trece grados é a temperatura á que adoita estar a auga no fondo da Ría. Unha temperatura que traen as correntes frías dende as profundidades do océano até as nosas costas. As mesmas correntes que enchen de nutrientes as augas, permitindo que exista unha gran biodiversidade, e que as tinguen do seu verde tan característico.

Agora tamén dá nome a un proxecto para dar a coñecer as paisaxes submarinas que cobren os fondos da Ría e os seus habitantes, así como para axudar na conservación de algo tan fascinante e cotián para nós como o mar.

Hai tempo que descubrimos o mundo que existe máis aló do azul e desde entón non podemos deixar de visitalo. Queremos mostrarvos a vida submarina que se esconde a só uns metros de profundidade de nós.

A riqueza dos fondos mariños da nosa Ría é unha gran descoñecida, entender como se desenvolve a vida baixo o mar, o seu delicado e complexo equilibrio, é fundamental para poder coidala e gozar máis dela”.

” Convidámosvos a mergullar neste mundo diferente, a coñecer unha realidade paralela que sempre estivo aí, ao noso lado, máis aló do azul”.

 

Podes facer clic sobre a imaxe do seu logo para acceder á paxina web.

Segue a súa extensa canle de vídeos e galerías de imaxes na web 13 grados ou a través de  Facebook e Instagram

 

Contacto: 13gradosvigo@gmail.com

Imaxe destacada e texto: 13 grados.  “Se cadra son os lorchos máis descoñecidos e esquivos, pero o colorido das momas convérteas nun dos peixes máis fermosos de fotografar. Apenas superan os 5 cm e, só na súa cabeza, podemos atopar puntos de case tódalas cores”.

Author: Cíes.gal

Redacción Cíes.gal.

Share This