Un país de lorchos por Ecología Azul

Portada » O Parque Nacional » Un país de lorchos por Ecología Azul

Set 27, 2017 | NATUREZA

Un país de lorchos por Ecología Azul

Mostrámosvos aquí o último listado de peixes de mar de Galicia dispoñible ata a data (2014). Era unha débeda histórica ao coñecemento da biodiversidade na nosa Comunidade. O traballo, liderado por Rafael Bañón, ictiólogo e taxónomo de referencia en España, saca á luz a presenza de case 400 especies diferentes de peixes diferentes, case a metade dos presentes na costa Atlántica Europea. Esta listaxe foi aumentando nos últimos anos grazas ao traballo contínuo de Rafa, que participou en numerosas campañas destinadas ao estudo da comunidade demersal do Banco de Galicia.

país de lorchos 1

O traballo, liderado por Rafael Bañón, ictiólogo e taxónomo de referencia en España, saca á luz a presenza de case 400 especies diferentes de peces diferentes, case a metade dos presentes na costa Atlántica Europea.

país de lorchos 2

(Corrigendum)

400 peixes diferentes son moitos. Basta con facer o exercicio de pensar cantos coñecemos cada un de nós. Dificilmente chegaremos á centena. O traballo recolle por suposto as especies mais emblemáticas de Galicia, como a maragota, raia, faneca ou congro, pero tamén outras máis rechamantes, curiosas e pouco frecuentes. O traballo baséase en rexistros de todo tipo, confirmados concienciudamente ata elaborar a nova lista, que será referencia para estudos de biodiversidade en toda Europa.

O traballo, liderado por Rafael Bañón, ictiólogo e taxónomo de referencia en España, saca á luz a presenza de case 400 especies diferentes de peixes diferentes, case a metade dos presentes na costa Atlántica Europea

Do estudo extráense datos interesantes, como que a familia dos lorchos ou gobios (Gobiidae) e dos sargos e douradas (Sparidae) son as mellor representadas en Galicia. Tamén recolle datos interesantes sobre a chegada de peixes tropicais a augas galegas (tema do que xa falamos en Ecología Azul), ou a historia do coñecemento dos peixes da nosa comunidade. Na última parte do traballo, arguméntase que unha das razóns que está detrás desta elevada diversidade nas nosas augas é que Galicia atópase nunha zona de converxencia de augas tépedas e frías.

Era unha débeda histórica ao coñecemento da biodiversidade na nosa Comunidade

Coñecer a biodiversidade é importante, e aínda estamos a empezar; estímase que coñecemos o 10% das especies que realmente existen. Todas as especies dependen das outras para sobrevivir, e cada especie representa unha solución e unha adaptación a unhas condicións e requirimentos determinados que impón a propia natureza, coma se dunha máquina perfecta tratárase. Ademais do interese científico en coñecer todo este elenco de representantes da biodiversidade, existe un interese máis pragmático, como o entendemento de como estas especies interacionan entre si e a súa aplicación na xestión pesqueira, ou a extracción directa de compostos bioactivos para solucións médico-farmaceutica.

país de lorchos 3

Algúns dos peixes máis curiosos recolleitos no traballo. Fotos: Rafa Bañón e David Villegas. Caranx crysos, Phrynorhombus norvegicus, Thorogobius ephippiatus, Cyclopterus lumpus, Kyphosus sectator, Gobius gasteveni, Gobius xanthocephalus, Lagocephalus laevigatus.

*Este artigo foi publicado por Ecología Azul-Blue Ecology o 8 de xuño de 2014.

Imaxe destacada: Lorcho (Gobius niger), Wikipedia

 

Cíes.gal
Author: Cíes.gal

Redacción Cíes.gal.

Otros artículos