Vigo preamar, Xosé Guillermo (Vigo, 2012)

  /  HISTORIA   /  Vigo preamar, Xosé Guillermo (Vigo, 2012)
Retrato Xosé Guillermo © Javier Teniente

Vigo preamar, Xosé Guillermo (Vigo, 2012)

O pintor vigués Xose Guillermo (1947-2009) creou cun grupo de colaboradores a Fundición Nautilus, obradoiro artesanal do que habían saír múltiples e coloristas instalacións urbanas de inspiración mariña. No verán de 2012 a Fundación encheu a Alameda viguesa coas figuras deseñadas por Xosé Guillermo, facendo realidade un proxecto que o pintor non chegaría a ver. Animais do mar e seres mitolóxicos e do mundo das lendas, saídos da memoria viva da ría, voan por arte de maxia polos ceos da cidade.

Vídeo reportaxe: Basilio Cegarra.

Author: Basilio Cegarra

Basilio Cegarra é profesor de Historia da arte. Dende 1992 publicou diversos libros sobre arte de Galicia e historia local de Vigo, sendo a última obra a Guía visual do barrio histórico de Vigo (Editorial Galaxia,2015). Tamén publicou materiais de carácter didáctico no marco da súa profesión docente. Como fotógrafo participou en varias exposicións individuais e colectivas, sendo igualmente autor de numerosos vídeos e documentais. Na actualidade é colaborador habitual de Cies.gal aportando galerías de imaxes e vídeos do noso contorno natural e da cultura urbana viguesa.

Share This