Volverémolos mirar a tempada que ven!

  /  FOTOBLOG   /  Volverémolos mirar a tempada que ven!

Volverémolos mirar a tempada que ven!

Volverémolos mirar a tempada que ven!

 

Con esta imaxe de Fernando Rey Daluz  damos por concluída a tempada de reprodución e cría das colonias de gaivota patiamarela (Larus michaellis) dos diferentes arquipélagos do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

Estes polos xa se convertiron en exemplares inmaduros ou xuvenís acadando o tamaño dos adultos. Non será até entre o terceiro e quinto ano de vida que se convirtan en adultos reprodutores. En maio do vindeiro ano comezará de novo o ciclo, logo por tanto repetiráse o proceso, e volverémolos mirar a tempada que ven!

 

Imaxe:

LuzLux

© ReyDaluz

Author: Santiago Boado Aguinaga

Santi Boado é licenciado en Historia pola Universidade de Santiago. Investigador, divulgador e redactor. Naturalista vocacional, ten formación en comercialización e información turística, interpretación do patrimonio e educación ambiental. Exerce de guía-intérprete en espazos con valor patrimonial. Tamén é guía acreditado do Parque Nacional marítimo terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e membro da Asociación de Guías Acreditados das Illas Atlánticas de Galicia-Agaia, do clube de montaña Pena Trevinca-Montañeiros de Galicia e da Seo-Birdlife.

Share This