Cortegada

  /    /  Cortegada

Identificación

Composto pola Illa de Cortegada, Malveira Grande e Chica, Briñas e illote do Cón.

Pertence ao concello de VILAGARCÍA DE AROUSA.

Superficie

191 Hectáreas: 43,8 ha terrestres y 147,2 ha mariñas.

Breve descripción

Este conxunto de illas e illotes, de relevo moi chan, sitúase no interior da ría de Arousa, na desembocadura do río Ulla, de maneira que o seu carácter estuarino o mantén totalmente diferenciado das illas oceánicas do Parque. Esta situación, máis protexida da erosión mariña, fai que os seus fondos se recubran en maior medida de areas, moi aproveitadas polos habitantes da zona para o cultivo de ameixa. No interior da illa de Cortegada mantense unha húmida formación boscosa de loureiros e outras árbores autóctonas que circundan a aldea abandoada e a súa ermida. Na illa Malveira Grande, que é zona de reserva, localízase un dos escasos bosques de cerquiños da costa atlántica en óptimas condicións.

[Fonte contidos: Web oficial do PNMTIAG]

Oficina do parque

Dirección: Edificio Cambón C/Oliva 3. 36202 (Vigo).
Teléfono: 886 218 090 – Fax: 886 218 094
E-mail: iatlanticas@xunta.gal
Web: www.parquenacionalillasatlanticas.com

Gardería de Cortegada

Teléfono: 660 494 454