Concienciación ambiental contra as cabichas nas illas Cíes

  /  ACTUALIDADE   /  Concienciación ambiental contra as cabichas nas illas Cíes

Concienciación ambiental contra as cabichas nas illas Cíes

 

“Campaña de concienciación ambiental contra as cabichas nas Cíes esta fin de semana”

 

Dende mañá venres día 1 de XULLO e ata o próximo domingo día 3 XULLO terá lugar nas Illas Cíes a campaña de concienciación ambiental Praias sen cabichas, promovida polo Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas. Dentro desta campaña, que ten como obxetivo a prevención do lixo xerado polas cabichas de cigarrillos nas praias, os visitantes do parque destes días recibirán cinceiros individuais que poderán usar durante a súa visita, así como información sobre o impacto que as cabichas que se botan nas praias teñen sobre o medio ambiente.

A campaña “Praias sen cabichas” é un proxecto subvencionado ao abeiro da orde pola que se regulan as subvencións públicas con cargo aos orzamenos xerais do Estado na área de influencia socioeconómica do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia dos exercicios orzamentarios 2015-2016.

Share This