Carpaza moura, unha planta moi mediterránea nas Illas Atlánticas

  /  NATUREZA   /  Carpaza moura, unha planta moi mediterránea nas Illas Atlánticas

Carpaza moura, unha planta moi mediterránea nas Illas Atlánticas

Unha planta moi mediterránea presente nas Illas Atlánticas

Carpaza moura

Imaxe de carpaza moura (cistus salviifolius L.) na illa de Ons. Da familia das cistáceas é un arbusto que pode acadar 1 m de altura. Moi común nos catro arquipélagos do Parque Nacional. Xurde principalmente en terrenos areosos, secos e pedregosos onde forma parte da matogueira costeira.

É propia de ambientes máis mediterráneos e orixinaria da Rexión Mediterránea. Presente dende Portugal e Marrocos até a Anatolia, na costa oeste do Mar Negro e Palestina. A súa presenza nos indica a influencia mediterránea existente nas illas do Parque Nacional que se reflicte na flora insular.

Coma case que todas as plantas ten propiedades mediciñais, xa ben coma cicatrizante, antiinflamatorio, astrinxente ou coma analséxico.

Imaxes:

© Santiago Boado Aguinaga

Author: Santiago Boado Aguinaga

Santi Boado é licenciado en Historia pola Universidade de Santiago. Investigador, divulgador e redactor. Naturalista vocacional, ten formación en comercialización e información turística, interpretación do patrimonio e educación ambiental. Exerce de guía-intérprete en espazos con valor patrimonial. Tamén é guía acreditado do Parque Nacional marítimo terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e membro da Asociación de Guías Acreditados das Illas Atlánticas de Galicia-Agaia, do clube de montaña Pena Trevinca-Montañeiros de Galicia e da Seo-Birdlife.

Share This