Aberto prazo de inscrición cursos formativos turismo mariñeiro no Parque Nacional

  /  TURISMO   /  Aberto prazo de inscrición cursos formativos turismo mariñeiro no Parque Nacional

Aberto prazo de inscrición cursos formativos turismo mariñeiro no Parque Nacional

Xa está aberto o prazo de inscrición para participar nos cursos formativos que se celebrarán en cada territorio dos GALP que cooperan no presente proxecto.  Lembrade que soamente hai 20 prazas en cada curso e que se atenderá aos demandantes por estrita orde de inscrición

Con esta formación os participantes obterán a ACREDITACIÓN como Guías de Turismo Mariñeiro do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia , que lles habititará para poder exercer esta actividade dentro das augas do Parque Nacional.  Ao través destas accións formativas preténdese capacitar aos participantes para exercer a actividade de turismo mariñeiro, de xeito que sexan quen de manexar as ferramentas interpretativas precisas que axuden a divulgar con rigor os valores do Parque Nacional, do patrimonio marítimo pesqueiro e da cultura mariñeira.

INSCRICIÓNS CURSO: Iniciación ao Turismo mariñeiro no entorno do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

Curso GALP Ría de Vigo- A Guarda: 22 ao 25 maio. (25 xornada práctica, visita Illas Cíes).

https://goo.gl/b3w2jE

Se o preferides podedes cumplimentar o documento pdf que presentamos a continuación e envialo a info@mardasillas.com

ficha_inscricion_CURSO_GALP_RIADEVIGO_AGUARDA

Curso GALP Ría de Pontevedra: 5 ao 8 xuño (8 xornada práctica, visita Illa de Ons)

https://goo.gl/1UYWAC

Se o preferides podedes cumplimentar o documento pdf que presentamos a continuación e envialo a info@mardasillas.com

ficha_inscricion_CURSO_GALP_RIADEPONTEVEDRA

Curso GALP Ría de Arousa: 12 ao 15 xuño (15 xornada práctica, visita Illa de Sálvora ou Cortegada).

https://goo.gl/QBTsyM

Se o preferides podedes cumplimentar o documento pdf que presentamos a continuación e envialo a info@mardasillas.com

ficha_inscricion_CURSO_GALP_RIADEAROUSA

Share This