Primeira saída peláxica do ano no “Chasula” onde se agarda poder observar algunhas aves mariñas coma o furabuchos balear. Tamén se espera contar coa presenza de cetáceos coma o golfiño común.
Por mor das obras no porto do Grove, a saída será dende o porto de Tragrove en Cambados este sábado 29 de maio ás 08:00 da mañá.
Máis información: Chasula Aves/ChasulaBirds
Imaxe : Xavier Vázquez Pumariño/habitaq.com