Ampliada a oferta de rutas guiadas “Descubrindo o Parque Nacional” en primavera

  /  ACTUALIDADE   /  Ampliada a oferta de rutas guiadas “Descubrindo o Parque Nacional” en primavera

Ampliada a oferta de rutas guiadas “Descubrindo o Parque Nacional” en primavera

AMPLIACIÓN DO PROGRAMA DE RUTAS GUIADAS “DESCUBRINDO O PARQUE NACIONAL”

O Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia ven de ampliar o número de rutas guiadas ofertadas para este semestre dentro do programa “Descubrindo o Parque Nacional” esta primavera.

As novas rutas ofertadas son:

– A Sálvora: venres 5 e venres 26 de abril. Saída ás 9:45 no porto de Aguiño (Ribeira). Voltarase ás 14:15h aprox.

– A Cortegada: venres 29 de marzo (10:30 no porto de Carril, volta ás 13:45 aprox) e martes 30 de abril (ás 11:00 no porto deportivo de Vilagarcía e volta ás 14:15 aproximadamente).

Para reservar a praza deberás entrar en plataforma de reservashttp://www.reservasparquesnacionales.es/

Lembrar tamén que so se pode participar e apuntar nunha soa das rutas ofertadas polo Parque nestes meses de marzo e abril.

Imaxe destacada: vista parcial illa de Cortegada polo © Arquivo da Luz Atlántica
Share This