Camiñar, contemplar e gozar no Parque Nacional

  /  FOTOBLOG   /  Camiñar, contemplar e gozar no Parque Nacional

Camiñar, contemplar e gozar no Parque Nacional

Camiñar, contemplar e gozar no Parque Nacional

Estas son tan só algunhas das tantas posibilidades que nos ofertan os catro arquipélagos (Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada) que conforman o Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Camiñar, contemplar e gozar deste espazo natural tan singular coma valioso. Deixarse levar pola paisaxe, polos sentidos e pola natureza.

Dende terra, mar e aire. Camiñar, mirar, sentir e coñecer este lugar en calquera época do ano. Non só é turismo de sol e praia o que nos ofrece. Hai moitas máis opcións e alternativas por descubrir e practicar.

Os arquipélagos de Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada contan con diferentes itinerarios sinalizados e autoguiados e mesmo tamén visitas guiadas acompañados de guías acreditados do Parque Nacional.

Camiña, desfruta e coñece. Descubre o Parque Nacional nas catro estacións. Por qué non?. Cada estación, un “mundo” diferente que contemplar.

Para nos ambientar compartimos esta imaxe das illas Cíes, de Fernando Rey Daluz, capturada no “Alto do Príncipe” da illa Norte ou de Monteagudo.

 

Preme sobre a imaxe para a poder ampliar:

Imaxe:

LuzLux

© Rey Daluz

Author: Santiago Boado Aguinaga

Santi Boado é licenciado en Historia pola Universidade de Santiago. Investigador, divulgador e redactor. Naturalista vocacional, ten formación en comercialización e información turística, interpretación do patrimonio e educación ambiental. Exerce de guía-intérprete en espazos con valor patrimonial. Tamén é guía acreditado do Parque Nacional marítimo terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e membro da Asociación de Guías Acreditados das Illas Atlánticas de Galicia-Agaia, do clube de montaña Pena Trevinca-Montañeiros de Galicia e da Seo-Birdlife.

Share This