Cando cae a noite sobre o Parque Nacional (II)

  /  FOTOBLOG   /  Cando cae a noite sobre o Parque Nacional (II)

Cando cae a noite sobre o Parque Nacional (II)

Cando cae a noite sobre o Parque Nacional

Con esta imaxe nocturna, de Fernando Rey Daluzdo faro recén acendido das illas Cíes, queremos facer fincapé nas posibilidades que ofrecen os distintos arquipélagos do noso Parque Nacional para a observación do ceo. De feito, hoxe en día o Parque Nacional logrou o certificado de Destino Turístico Starlight pola calidade e limpeza dos seus ceos por mor da escasa contaminación lumínica que sobre deles se proxecta. Esta distinción só a comparte en Galicia con Pena Trevinca (A Veiga-Ourense).

O Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia certifícase como Destino Turístico Starlight

Fundación Starlight

Pódenche interesar tamén:

Contaminación lumínica

Cando cae a noite sobre o Parque Nacional

 

Premer sobre a imaxe para a poder ampliar:

Imaxe: 

© Rey DaLuz

LuzLux

Author: Santiago Boado Aguinaga

Santi Boado é licenciado en Historia pola Universidade de Santiago. Investigador, divulgador e redactor. Naturalista vocacional, ten formación en comercialización e información turística, interpretación do patrimonio e educación ambiental. Exerce de guía-intérprete en espazos con valor patrimonial. Tamén é guía acreditado do Parque Nacional marítimo terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e membro da Asociación de Guías Acreditados das Illas Atlánticas de Galicia-Agaia, do clube de montaña Pena Trevinca-Montañeiros de Galicia e da Seo-Birdlife.

Share This